You are hereAnimación á lectura, Organización
Animación á lectura, Organización
Actividades xoves 27 de febreiro
- Posta en escea do espectáculo "En todo estás e ti és todo".
- Entrega de premios do concurso de carteis "Os cantares de Rosalía no meu maxín"
ROSALÍA e o seu mundo, mércores 26 de febreiro.
- Conferencia da profesora CELIA ARMAS: "Escritoras galegas que conviven con Rosalía".
- Recital de poemas en varios idiomas: Rosalía nas linguas do mundo.
- Interpretación musical de "Negra sombra"
Ofrenda floral a Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres.
Hoxe, martes 25 de febreiro, dentro das actividades de "Rosalía e o seu mundo", realizóuse unha ofrenda floral en San Domingos de Bonaval.
ROSALÍA e o seu mundo no IES Antonio Fraguas
Ao longo desta semana que se inicia na data do nacemento de Rosalía de Castro, o noso Centro desenvolve o seu proxecto "Rosalía e o seu mundo", no que se realizan actividades relacionadas coas diversas materias. Conferencias, recitais, dramatizacións, roteiros, exposicións.....Hoxe, 24 de febreiro, abreu as actividades a profesora da Universidade de A Coruña, PILAR GARCÏA NEGRO que falou sobre "Rosalía, a muller, a feminista, a escritora".
Rosalía e o seu mundo
Rosalía de Castro vai centrar o traballo docente do instituto na próxima semana. Imos desenvolver o Proxecto Rosalía e o seu mundo,no que están implicados a práctica totalidade dos grupos do centro, e do profesorado. Escoitaremos poemas, e músicas, veremos dramatizacións preparadas polo alumnado, e escoitaremos charlas dos estudiosos da autora, Pilar García Negro, Celia Armas e Francisco Rodríguez.
O amor, o protagonista... de poesía visual
A pasada semana, os e as integrantes do Club de Lectura, Xira, Copérnico e a súa profesora, Angelines Salgado, regaláronnos unha colección de poemas, que ocuparon todo o edificio do instituto, e unha montaxe na entrada moi fermosa de poemas gráficos, alusivos ó tema do amor, o amor romántico, e o amor verdadeiro...
O amor, o protagonista... de poesía visual
A pasada semana, os e as integrantes do Club de Lectura, Xira, Copérnico e a súa profesora, Angelines Salgado, regaláronnos unha colección de poemas, que ocuparon todo o edificio do instituto, e unha montaxe na entrada moi fermosa de poemas gráficos, alusivos ó tema do amor, o amor romántico, e o amor verdadeiro...
Presentación de Tímidas tonterías de Sabela Aldrey
O pasado venres, día 7 de febreiro, a nosa exalumna Sabela Aldrey, convidounos á presentación do seu primer poemario, que leva por título, Tímidas tonterías.
Pasamento de Daniel Ares Enjamio
O pasado venres despedimos ó noso compañeiro, Daniel Ares Enjamio.
Daniel, que finou a pasada semana, foi moitos anos profesor deste centro e responsable da biblioteca; grazas a el e o seu traballo podemos continuar hoxe esta fermosa tarefa de iniciar na lectura e nos libros ó noso alumnado.
O equipo de biblioteca lamenta o pasamento de Daniel, e lémbrao con especial afecto.
Benvidos e benvidas ó novo curso
Benvidas e benvidos ó novo curso académico 2013-2014... e o tempo segue a correr. E benvidos e benvidas de novo á Biblioteca.
Estamos comezando o traballo, e por iso, agradecemos todas as suxestións que profesorado, alumnado, familias e personal non docente do instituto teña a ben facernos chegar.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »