You are hereOrientación
Orientación
mail art Antonio Fraguas
Non deixes de consultar o blog do proxecto de arte postal sobre cultura tradicional e Antonio Fraguas. Verás todas as obras que nos van chegando.
CONVOCATORIA ABERTA DE MAIL ART SOBRE CULTURA TRADICIONAL. O LEGADO DE ANTONIO FRAGUAS
Animádevos a participar!!
No pdf que se xunta tedes información.
!
V MERCADILLO TRÓCAME-ROQUE
O vindeiro 12 de maio celebraremos no CC Área Central o V MERCADILLO SOLIDARIO TRÓCAME-ROQUE.
As inscricións poderán entregarse no IES Antonio Fraguas, no CEIP de Fontiñas e no CEIP Plurilingüe Monte dos Postes.
A NOSA VIDA EN POSITIVO IV
Cuarta edición do proxecto comunitario da rede do Barrio de Fontiñas e do IES Antonio Fraguas, A NOSA VIDA... EN POSITIVO? sobre VULNERABILIDADE SOCIAL NOS ADOLESCENTES.
A directora xeral de Xuventude visita a Correspondentes xuvenís e Mediadores do IES Antonio Fraguas
A directora xeral de Xuventude visita a Correspondentes xuvenís e Mediadores do IES Antonio Fraguas
Unha representación do noso alumnado (programa de Mediación Escolar e Correspondentes Xuvenís) participou nunha mesa redonda sobre IGUALDADE na Xornada Europea de Información Xuvenil. Onte recibimos a Directora Xeral quen falou da importancia destes programas e agradeceu a participación do noso alumnado.
IV MERCADILLO SOLIDARIO TRÓCAME-ROQUE
IV MERCADILLO SOLIDARIO TRÓCAME-ROQUE
Este é o cartaz do IV Mercadillo Solidario TRÓCAME-ROQUE
Será o 20 de MAIO, venres, de 16.30 a 19.30. En ÁREA CENTRAL. FONTIÑAS.
Coma sempre A RAPAZADA será a protagonista con postos de venda de artesanía, repostería, troco de xogos, libros, comics, e videoxogos.
Haberá tamén obradoiros, actividades e actuacións musicais.
Xúntase a folla de inscripción.
BLOG DE ORIENTACIÓN E PROGRAMA ORIENTA
Xa tedes á vosa disposición o programa ORIENTA E O BLOG de orientación deste programa.