Skip to Content

Animación á lectura

Eva Cid Rivas comenta "O MEU NOME É NINGUÉN" de Manuel Esteban

O pasado 4 de febreiro  un grupo de alumn@s de 3º ESO e 1º de bacharelato do noso centro, asistiron, xunto con outros centros da provincia,  á tertulia literaria no Liceo de Ourense sobre a obra O meu nome é ninguén e ao posterior encontro co seu autor Manuel Esteban.

Eva Cid Rivas, alumna de 1º de bac,  fixo un brillante comentario que se pode ver no documento adxunto.

Guía de Lectura de Nadal 2018

a estamos no Nadal e é tempo de lecer e de descansar do traballo realizado durante este trimestre.

Desde a Biblioteca queremos animarvos a que disfrutedes das vacacións na compaña dun bo libro. Para iso organizamos unha campaña de Nadal no que cada membro da nosa comunidade educativa pode levar ata 5 libros durante un periodo dun mes (11/12/18-11/01/19).

Para axudarvos nas vosas eleccións elaboramos esta guía de lectura na que aparecen títulos suxerentes e atractivos para todos os gustos e idades

TERTULIAS LITERARIAS EN CASTELÁN

O día 7 de abril, alumnos de 3º, 4º ESO e 1º de bacharelato, asistiron a unha tertulia literaria sobre o libro La ley del menorde Ian Mcewan, xunto con outros centros da contorna (Xinzo de Limia, Maceda e Ribadavia) que tivo lugar no Liceo e que está organizada polo Concello de Ourense.
Foi unha tertulia moi proveitosa na que se intercambiaron opinións moi interesantes sobre o libro entre os participantes

EXPOSICIÓN DE LITERATURA FANTÁSTICA NA BIBLIOTECA E NOS CORREDORES DO CENTRO

Durante o mes de novembro, haberá unha EXPOSICIÓN SOBRE LITERATURA FANTÁSTICA EN GALEGO, nos corredores do centro (paneis onde se dá información sobre o nacemento e evolución do xénero) e na BIBLIOTECA (exposición de libros de literatura fantástica en galego publicados pola editorial URCO).

O ESPANTALLO AMIGO

O día 18 de maio, o alumnado de 1º ESO e 2º ESO (AE) acudiron a unha representación teatral ofrecida pola compañía "Os Quinquilláns" na Casa da Cultura de Allariz sobre a obraA esta actividade tamén acudiron os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria dos colexios de Xunqueira de Ambía e Allariz. de Neira Vilas "O Espantallo amigo"

Colaboraron os 3 centros escolares e o concello coa editorial Galaxia para ofrecer esta actividade no Mes das Letras Galegas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut