Como todos anos, o 24 de Outubro celébrase o "Día da Biblioteca". O lema deste ano é "Bibliotecas Escolares: Viveiro de cidadanía". Ao longo do curso no centro realizaranse actividades de distinto tipo relacionado co tema. Nesta semana, o alumnado de 1º de ESO visita a biblioteca onde recibe o seu carné de usuario e tamén unha explicación do funcionamento da Biblioteca por parte da profesora bibliotecaria. Na semana do 24 a 31 de outubro celébrase ademais a "Semana da Alfabetización Mediática e informacional". O noso centro quere contribuir organizando unha visita os días 24 e 25 de outubro co alumnado de 3º de ESO ás instalacións de RADIO ALLARIZ co obxectivo de animalos tamén a participar nun "Obradoiro de Radio Escolar" que se vai desenvolver no centro ao longo deste curso escolar.