Fondo de libros

A listaxe provisional do número de libros asignados no Fondo de libros e as axudas para material escolar para o curso 2019/20 xa está exposta no noso centro. A definitiva estará no mes de setembro, uns días antes do comezo do curso.

Listado de libros de texto do curso 2019/20

A lista dos libros de texto do curso 2019/20 é a mesma que a do ano pasado, agás en 4º de ESO que non haberá Matemáticas orientadas ás ensinanzas Aplicadas nin Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional.

Podedes acceder dende aquí:  libros

CALENDARIO DAS PROBAS DE SETEMBRO 2019

Podedes acceder ao calendario das probas de setembro dende o seguinte enlace:  calendario

Viaxe a Lugo

O venres, 7 de xuño, un total de 36 alumnos de 1º e 2º da ESO do Instituto Alfoz-Valadouro, acompañados dos profesores Pilar Díaz, Simeón Neira e Pepe Peinó, viaxaron ata Lugo, onde visitaron tres lugares:

- En primeiro lugar pararon na fábrica que ten Leite Río no polígono industrial do CEAO, onde un guía os conduciu a través das instalacións e lles explicou o proceso de limpeza e envasado do leite.
- Ás 12 da mañá visitaron o Vello Cárcere, un museo municipal situado nas instalación do antigo cárcere da capital lucense. A guía conduciunos polas diversas dependencias e explicoulles anécdotas relacionadas cos presos, así como historias interesantes sobre os cárceres e as penas en épocas pasadas da nosa historia.
- Pola tarde visitamos o Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, onde puidemos contemplar as diversas salas con materiais doutras épocas, como armaduras, carruaxes, aparellos da labranza, etc. Incluso puidemos ver en directo a unha auténtica meiga galega, que saíu da lareira, e a un antigo cabaleiro medieval, seguramente un fantasma que habita no castelo.
   A comida foi no centro comercial As Termas, no CEAO. Unha xornada completa, na que mesturamos a modernidade das fábricas actuais e a historia dos nosos antepasados, tanto actual como remota.
 

O 20 de maio é día non lectivo

O luns 20 de maio foi elixido polo centro como día non lectivo polo que voltaremos ás clases o martes 21.

XOGOS TRADICIONAIS

O venres 12 de abril celebramos no centro unha xornada de xogos tradicionais. As actividades foron organizadas pola profesora de Educación Física, Yolanda Flórez, e o alumnado de 3º de ESO.

Máis fotos

Festival Imaxiña 2018

Neste mes de abril celebrouse a oitava edición do festival da Mariña Imaxiña 2018 e, unha vez máis, alumnas do noso centro recibiron un recoñecemento ao seu traballo: Nerea Yáñez e Adâh Guisasola de 4º de ESO rebiciron o premio de vídeo sobre paisaxes da Mariña con imaxes nocturnas da costa e do interior.

Noraboa polo voso traballo e pola vosa creatividade!

 

Mar e Montaña triunfan no Imaxiña 2018

Podedes ver máis información dende aquí.

 

ENTROIDO 2019

O un de marzo celebramos o entroido con actuacións musicais e teatrais. Xa podedes disfrutalo!

BOLETÍN DE NOTAS

O vindeiro venres 22 de marzo entregarase a cada alumno/a o boletín de notas correspondente á segunda avaliación.

AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

O prazo está aberto ata o 20 de marzo.

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

 

 
 

 

Distribuir contido