Viaxe a Lugo

O venres, 7 de xuño, un total de 36 alumnos de 1º e 2º da ESO do Instituto Alfoz-Valadouro, acompañados dos profesores Pilar Díaz, Simeón Neira e Pepe Peinó, viaxaron ata Lugo, onde visitaron tres lugares:

- En primeiro lugar pararon na fábrica que ten Leite Río no polígono industrial do CEAO, onde un guía os conduciu a través das instalacións e lles explicou o proceso de limpeza e envasado do leite.
- Ás 12 da mañá visitaron o Vello Cárcere, un museo municipal situado nas instalación do antigo cárcere da capital lucense. A guía conduciunos polas diversas dependencias e explicoulles anécdotas relacionadas cos presos, así como historias interesantes sobre os cárceres e as penas en épocas pasadas da nosa historia.
- Pola tarde visitamos o Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, onde puidemos contemplar as diversas salas con materiais doutras épocas, como armaduras, carruaxes, aparellos da labranza, etc. Incluso puidemos ver en directo a unha auténtica meiga galega, que saíu da lareira, e a un antigo cabaleiro medieval, seguramente un fantasma que habita no castelo.
   A comida foi no centro comercial As Termas, no CEAO. Unha xornada completa, na que mesturamos a modernidade das fábricas actuais e a historia dos nosos antepasados, tanto actual como remota.