Fondo de libros
A listaxe provisional do número de libros asignados no Fondo de libros e as axudas para material escolar para o curso 2019/20 xa está exposta no noso centro. A definitiva estará no mes de setembro, uns días antes do comezo do curso.
Listado de libros de texto do curso 2019/20
A lista dos libros de texto do curso 2019/20 é a mesma que a do ano pasado, agás en 4º de ESO que non haberá Matemáticas orientadas ás ensinanzas Aplicadas nin Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional.
Podedes acceder dende aquí: libros
CALENDARIO DAS PROBAS DE SETEMBRO 2019
Podedes acceder ao calendario das probas de setembro dende o seguinte enlace: calendario
Viaxe a Lugo
O venres, 7 de xuño, un total de 36 alumnos de 1º e 2º da ESO do Instituto Alfoz-Valadouro, acompañados dos profesores Pilar Díaz, Simeón Neira e Pepe Peinó, viaxaron ata Lugo, onde visitaron tres lugares:
O 20 de maio é día non lectivo
O luns 20 de maio foi elixido polo centro como día non lectivo polo que voltaremos ás clases o martes 21.
XOGOS TRADICIONAIS
O venres 12 de abril celebramos no centro unha xornada de xogos tradicionais. As actividades foron organizadas pola profesora de Educación Física, Yolanda Flórez, e o alumnado de 3º de ESO.
Máis fotos
Festival Imaxiña 2018
Neste mes de abril celebrouse a oitava edición do festival da Mariña Imaxiña 2018 e, unha vez máis, alumnas do noso centro recibiron un recoñecemento ao seu traballo: Nerea Yáñez e Adâh Guisasola de 4º de ESO rebiciron o premio de vídeo sobre paisaxes da Mariña con imaxes nocturnas da costa e do interior.
Noraboa polo voso traballo e pola vosa creatividade!
Podedes ver máis información dende aquí.
ENTROIDO 2019
O un de marzo celebramos o entroido con actuacións musicais e teatrais. Xa podedes disfrutalo!
BOLETÍN DE NOTAS
O vindeiro venres 22 de marzo entregarase a cada alumno/a o boletín de notas correspondente á segunda avaliación.
AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
O prazo está aberto ata o 20 de marzo.
https://www.edu.xunta.es/axudasle/
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »
![IES Alfoz - Valadouro RSS Distribuir contido](/centros/iesalfoz/misc/feed.png)