Día da Educación Física na Rúa 2023

O pasado mércores, 3 de maio, o alumnado de 2º ESO desprazouse a San Cibrao para participar nunha xornada adicada á actividade física e o deporte. 

Houbo 10 centros participantes e máis de 400 alumnos e alumnas poideron facer un circuíto de deportes urbanos: basket 3*3, freestyle, chest tag, parkour, break dance, fútbol praia, cordas, slack line e patíns.

O tempo acompañou e o alumnado puido desfrutar de todas as actividades programadas. Parabéns ao Seminario de Educación Física da Mariña polo traballo.

Plan Director para a convivencia 2023

O pasado 25 de abril, o alumnado do centro recibeu charlas informativas/formativas sobre o acoso escolar e drogas e alcol. Estas charlas foron impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado

O Plan está impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación.

 

Enquisa de diagnose de convivencia 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha este curso académico a IV macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Esta iniciativa enmárcase dentro da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o prazo de participación estará aberto desde o 2 ata o 22 de maio, ambos os dous incluídos.

Os centros educativos establecerán as medidas necesarias para o acceso do alumnado ás aulas de informática para cubrir os cuestionarios. Do mesmo xeito, facilitarán a participación do profesorado e do persoal de administración e servizos.

En canto ás familias, a dirección do centro facilitaralles as claves de acceso coas indicacións precisas sobre como actuar.

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion (https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/).

 

Para  máis información prema aquí.

Admisión alumnado: Listaxe de vacantes para o curso 2023-24

Publicadas as vacantes dispoñibles para o curso 2023-24

 

Visita á exposición de Steven Meisel (A Coruña)

 

O luns 17 de abril, o alumnado de 3º e 4º ESO viaxaron a Coruña para visitar a exposición fotográfica do fotógrafo Steven Meisel 1993, A Year in Photographs

Alí levaron a cabo un obradoiro dirixido polo artista David Catá e organizado por ARTE - FACTO, un Grupo de Investigación da UDC en procesos artísticos contemporáneos, patrimoniais e de mediación cultural en contextos educativos.

 

Visita a Ferrol de 1º e 2º ESO

 

O pasado 20 de abril, o alumnado de 1º e 2º ESO viaxaron a Ferrol para realizar unha visita guiada ás Meninas de Canido. Tamén practicaron parkour nun centro deportivo de Narón. 

 

 

 

 

Eco-auditoría da auga e limpeza de residuos en espazo natural

 

O pasado 18 de abril o alumnado de 1º ESO fixo unha Eco-auditoría da auga na casa e no centro, reflexionando sobre o consumo de auga e o seu derrame, concretamente viron o caudal das billas do centro e as posibles medidas de aforro de auga.

Despois diso, realizaron unha limpeza de residuos nun espazo natural, concretamente na praia de Arealonga en Nois.

Todas estas actividades emmárcanse dentro do Programa A Mariña Ambiental UDC - Fundación Alcoa do que o centro é participante.

 

Recollida de título de ESO. Promoción 2018-2021

Xa están dispoñibles os títulos de graduado en ESO correspondentes á promoción 2018-2021. A súa recollida poderase facer en Secretaría en horario de 09:00h a 14:00h.

Se o alumnado é menor de idade será o pai/nai/titores-as legais os encargados da recollida do título.

En caso de ser alumnado maior de idade, os títulos poden ser recollidos por unha persoa suficientemente autorizada para tal fin. Para iso precísase da seguinte documentación: 

  • DNI do alumno/a
  • Impreso de autorización debidamente cuberto. (Adxunto nesta entrada)

 

Charla do programa “A ponte entre o ensino medio e a USC”.

Francisco Javier López González, profesor da USC no Campus de Lugo,  impartiu unha charla ao alumnado de 4º de ESO sobre os estudos postobrigatorios facendo fincapé nos estudos universitarios (ABAU, ramas de coñecemento, créditos ECTS, programas de intercambio...)

Tamén participou na charla unha exalumna do IES Alfoz-Valadouro, Sonia Expósito Goás, que fixo unha interesantísima exposición sobre o seu itinerario académico e profesional dende que rematou a ESO. Explicou detalladamente e de xeito moi ameno o seu percorrido polo sistema educativo: modalidade e materias do bacharelato, probas de acceso á Universidade e os seus estudos de Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria que culminaron cun interesante Traballo de Fin de Grao sobre un virus que ataca á Faba de Lourenzá.

 

8M Día Internacional da Muller

Presentámosvos as actividades para esta semana na que se desenvolverán diferentes actos para celebrar o Día Internacional da Muller.

 

O alumnado de Educación en Valores fixo unha exposición na biblioteca que podedes ver premendo aquí

 

O alumnado de Educación Física preparou unha exposición para visibilizar a figura da muller no deporte. 

Distribuir contido