Charla do programa “A ponte entre o ensino medio e a USC”.

Francisco Javier López González, profesor da USC no Campus de Lugo,  impartiu unha charla ao alumnado de 4º de ESO sobre os estudos postobrigatorios facendo fincapé nos estudos universitarios (ABAU, ramas de coñecemento, créditos ECTS, programas de intercambio...)

Tamén participou na charla unha exalumna do IES Alfoz-Valadouro, Sonia Expósito Goás, que fixo unha interesantísima exposición sobre o seu itinerario académico e profesional dende que rematou a ESO. Explicou detalladamente e de xeito moi ameno o seu percorrido polo sistema educativo: modalidade e materias do bacharelato, probas de acceso á Universidade e os seus estudos de Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria que culminaron cun interesante Traballo de Fin de Grao sobre un virus que ataca á Faba de Lourenzá.