Concurso de redaccións

O venres 10 de marzo, na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, reuníronse alumnos de 2º da ESO de toda a provincia de Lugo. Do noso instituto foron dúas alumnas de 2º: Enma Ferrer e Bea Álvarez. Tratábase de realizar unha redacción en galego de catro páxinas. Os participantes recibiron como motivo inspirador unha antiga cámara fotográfica a través da cal podían ver diversas paisaxes. A proba durou dúas horas.

Os participantes recibiron como agasallo un bocadillo, a propia cámara que lles deron na proba e unha bebida. Os compañeiros de 2º da ESO de cada unha das clases participantes recibirán tamén como agasallo refrescos da fábrica Coca Cola.

Os gañadores deste certame pasarán á proba autonómica, da que sairán os participantes na proba nacional. A mesma proba que se fixo neste caso en galego vai facerse tamén nos vindeiros días en castelán.

 

                                   

Curtametraxe de alumnos do IES

O vindeiro 11 de marzo ás 20.00 h no salón de actos da Casa da Cultura de O Valadouro proxectarase a curtametraxe Andando en círculos? programada pola Concellería de Servizos Sociais e Educación do concello.

É un proxecto para o fomento de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a súa estrea coincide na mesma semana da celebración do Día da Muller.

Os protagonistas non podían ser outros que rapazas e rapaces do noso centro: Marcos Bermúdez, Alexia Rojas, Yeray Ruíz, Chayma Sabry e Silvia Yáñez do primeiro curso e Pedro López e Clara Rodríguez de cuarto. Grazas a todos pola ilusión que mostráchedes en toda a gravación e por dar as vosas opinións sobre a igualdade.

Animamos a todos a acudir á estrea este sábado!

 

Para contactar con nós

Teléfono: 982 870051 

Correo electrónico: ies.alfoz@edu.xunta.es      

Xubilación de Susi

O pasado martes 21 de febreiro xubilouse a nosa querida compañeira Jesusa Paz Peña, máis conocida por Susi.

Ela foi profesora de Lingua Castelá e Inglés durante case 20 anos neste centro e todos lle debemos moito pola adicación e cariño que sempre mostrou hacia os seus alumnos e compañeiros.

Imos a botala moito de menos e queremos desexarlle moita felicidade e que disfrute do tempo libre.

Os alumnos de teatro de 1º e 2º de ESO axudados pola profesora Paz Quiroga fixeron un programa moi especial para ela: Que tempo tan feliz, Susi!

Esperamos que nos visites moito!

 

 

1º de ESO

2º de ESO

"Cartas de amor", unidade didáctica contra a violencia de xénero

O 17 de xaneiro os rapaces e as rapazas de 2º, 3º e 4º de ESO acudiron á Casa da Cultura do Concello de Alfoz para traballar sobre unha unidade didáctica contra a violencia de xénero visionando láminas de quince autores distintos e realizando obradoiros. Gloria foi a relatora das charlas e falou sobre a presenza feminina nas Ciencias, Arte e Música, os estereotipos na nosa sociedade e a liberdade á que teñen dereito as mulleres.

 

 

Alumnos de 2º de ESO

 

Máis fotos ...

Violencia de xénero

 O 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e todos os rapaces e rapazas participaron en varias actividades.

Colocáronse "zapatos baleiros" lembrando as vítimas da violencia machista, os de 1º de ESO fixeron voar os papaventos morados e laranxas que elaboraran na asignatura de Educación Plástica e Visual e por último gravouse un "mannequin challenge".

Actividade con papaventos

REUNIÓN COS TITORES

O mércores 19 de outubro terá lugar unha reunión ás 19 horas cos titores de cada curso.

COMEZO DO CURSO 2016/17

A presentación será o día 15 de setembro ás 12.00 h. As clases comezarán o venres 16 en horario normal.

Proyecto de lengua y literatura castellana 3º ESO

Los alumnos de 3º de la ESO participaron este tercer trimestre en un proyecto sobre Miguel de Cervantes y su obra "Novelas ejemplares". A partir de la lectura de dos novelas: "Rinconete y Cortadillo" y "El celoso Extremeño" así como de una amplia biografía de Miguel de Cervantes, tuvieron que realizar un guión para un programa literario televisivo. La profesora estableció el esquema que debía seguirse y los alumno entregaron, individualmente, o en grupo, sus guiones. A partir de los mejores textos, se creó un guión definitivo. Se escogieron los actores y se grabó con la ayuda del departamento de artes plásticas y audiovisuales. Los estudiantes que no fueron seleccionados como actores se encargaron del decorado del plató. 

Este es el resultado:

Distribuir contido