Concurso de redaccións

O venres 10 de marzo, na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, reuníronse alumnos de 2º da ESO de toda a provincia de Lugo. Do noso instituto foron dúas alumnas de 2º: Enma Ferrer e Bea Álvarez. Tratábase de realizar unha redacción en galego de catro páxinas. Os participantes recibiron como motivo inspirador unha antiga cámara fotográfica a través da cal podían ver diversas paisaxes. A proba durou dúas horas.

Os participantes recibiron como agasallo un bocadillo, a propia cámara que lles deron na proba e unha bebida. Os compañeiros de 2º da ESO de cada unha das clases participantes recibirán tamén como agasallo refrescos da fábrica Coca Cola.

Os gañadores deste certame pasarán á proba autonómica, da que sairán os participantes na proba nacional. A mesma proba que se fixo neste caso en galego vai facerse tamén nos vindeiros días en castelán.