OPS! O Português Simples

O mércores 7 de novembro no IES Alfoz - Valadouro realizáronse dous obradoiros (un para 1º ciclo e outro para 2º ciclo) sobre portugués, OPS! (O Português Simples), organizado polo departamento de galego e ofertado desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo.


Cada obradoiro tivo unha duración de 100 minutos. A relatora, Noemí Pinheira, empregou diversos materias: Office Impress, Internet, música e audiovisuais, todo elo en portugués (tanto de Portugal coma do Brasil)


O alumnado participou activamente e gozou dunha actividade enriquecedora sobre un idioma que temos preto do noso, non só xeograficamente. Os obradoiros están pensados co obxectivo de lle mostrar ao alumnado a vantaxe competitiva que representa o galego no contexto español e europeo, xa que nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués e, por tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercado laboral.


Pica no enlace para ver as fotos na galería do obradoiro de 1º ciclo. 


OPS!


Cronica 3

A Outra Historia de Carapuchiña

No IES Alfoz-Valadouro o alumnado de 1º ESO ensaiaron ó longo de todo o curso, na materia de Atención Educativa, a obra de teatro titulada "A outra historia de Carapuchiña Vermella", que foi representada o venres, 22 de xuño, ás 10.30 h. na Casa da Cultura de Alfoz. A continuación todos os alumnos do centro fixeron un roteiro a pé até a Torre de O Castro para despedir o curso escolar.

carapuchiña       vermella

Portada e Contraportada do cartel da obra de teatro

Cronica3

Gañadores II Certame Audiovisual Escolar, IES Monte Carrasco. Cangas

O IES participou no II Certame audiovisual escolar. IES Monte Carrasco (Cangas - Pontevedra) con dúas películas, "Volveremos" e "Adeus". A primeira resultou gañadora do Premio o mellor audiovisual de Ficción (ESO), e a segunda, que aínda acabamos case de terminar a montaxe, gañou na categoría de Premio do Público.


O acto de entrega de premios tivo lugar no Auditorio de Cangas o martes 19 de xuño ás 21 H. e asistiron o Director das dúas películas, José Vázquez Peinó e o Director do IES, Gonzalo Alonso Monte.

Non aos recortes no ensino público

16 de febreiro de 2012


 


Notas de prensa en Cronica3.com e no El Progreso.

Blogue para a biblioteca

Xa temos blogue para a biblioteca do centro. VIRAVENTOS 


Tan só nos queda poñer o nome a nosa mascota. O pulpo foi debuxado por Silvia García Anello de 2º ESO



 

Tousamig@s finalistas del VI Premio TIC

O gañador do VI Premio TIC é CON OTROS OJOS coordinado por Eusebio Balbás Fernández, do colexio Nuestra Señora de la Paz, Torrelavega (Cantabria).


VI Premio TIC os 10 finalistas deste ano.


O noso centro participou co proxecto realizado pola profesora de Francés, Armelle Sobrino Heyvaert, cos alumnos e alumnas de intercambio Commenius dos dous últimos cursos.


Este alumnado fixo unha revista dixital bilingüe Tousamig@s, a cal atoupase entre estes 10 fnalistas.


Dende aquí damos a enhoraboa o colexio cantabro, así como felicitamos a noso grupo de estudiantes e a profesora organizadora de todo esto, polo seu traballo, durante dous cursos académicos.


Visita a revista dixital bilingüe.

POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO GALEGO!


 


O Claustro de profesores do IES Alfoz-Valadouro decidiu,  na sesión ordinaria celebrada o día 07 de outubro de 2011, non realizar durante o presente curso escolar ningunha actividade extraescolar (só se realizarán as actividades complementarias en horario escolar), como medida de protesta pola situación de recortes que se están a levar a cabo actualmente no ensino público. As razóns que nos motivan a tomar esta decisión son as seguintes:


1.- Estanse producindo recortes no ensino público mentres se aumentan as subvencións ó ensino privado.


2.- Reducíronse no presente curso drasticamente os cadros de persoal (aproximadamente 800 profesores en Infantil e Primaria e 400 en Secundaria), co cal moitas materias deixan de ser impartidas por especialistas.


3.- Increméntase o horario lectivo con funcións que non son propias do profesorado, por exemplo as gardas de transporte (o que supón chegar ó centro á hora que lle conveña á empresa de transporte). Ademais este incremento do horario lectivo dificulta que o alumnado poida desfrutar doutras actividades importantes (festivais, biblioteca, recursos TIC,  etc.).


Ó noso entender, todo o exposto entra en contradición coas afirmacións da Xunta na súa páxina web, onde di que “A Consellería garante a axeitada atención docente a todo o alumnado galego, prestando especial atención e apoio aos estudantes con necesidades específicas de atención educativa-pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, entre outras-, así como o mantemento da calidade do ensino”. E polo tanto manifestamos o noso descontento a través deste escrito para que tanto os alumnos como os seus pais poidan estar informados da decisión adoptada.

Intercambio 2011


 


Imos colocar dous enlaces para que os pais, nais e demás membros da comunidade educativa poidan saber o que fan os nosos alumnos durante estes 10 días de intercambio, xa que o luns 4 de abril comeza a segunda parte desta Beca Commenius, o viaxe a Francia.



Un enlace a páxina do proxecto, a revista virtual que están a facer entre todo o alumnado que participa.



E por outro lado, un enlace o blogue da viaxe no que o alumnado, pais e nais, e profesorado contan as súas experiencias e onde podese seguir a viaxe en directo, leendo os artículos de cada día e vendo as súas fotos.



E, para finalizar, desexar unha boa viaxe a todos e todas.


 

Intercambio

Imos colocar dous enlaces para que os pais, nais e demás membros da comunidade educativa poidan saber o que fan os nosos alumnos durante estes 15 días de intercambio, xa que o luns 15 de marzo comeza a segunda parte desta Beca Commenius, o viaxe a Francia.


Un enlace a páxina do proxecto, a revista virtual que están a facer entre todo o alumnado que participa.


E por outro lado, un enlace o blogue da viaxe no que o alumnado, pais e nais, e profesorado contan as súas experiencias e onde podese seguir a viaxe en directo, leendo os artículos de cada día e vendo as súas fotos.


E, para finalizar, desexar unha boa viaxe a todos e todas.

Distribuir contido