1º PREMIO DO CERTAME OUFF ESCOLA

Na mañá do luns 3 de decembro entregáronse os premios do IX Certame OUFF Escola  do Film Festival de Ourense. Quere ser a semente dos futuros cineastas galegos e tivo unha participación de 102 traballos. O noso centro desprazouse ata a cidade das Burgas e recibiu o Primeiro Premio pola curtametraxe O Preguiceiro, protagonizada polos alumnos de Teatro e dirixida pola súa profesora Paz Quiroga.

De novo estamos de noraboa polas andaduras artísticas do noso alumnado. Moitísimos parabéns para todos eles!

Máis imaxes

DÍA NON LECTIVO: 2 de Novembro

Este venres 2 de novembro non haberá clases no centro xa que foi elixido como non lectivo neste curso. Voltaremos o luns 5 de novembro.

Reunión FAMILIAS - TITORES

A reunión dos pais/nais/titores legais cos titores/as de cada curso celebrarase este mércores 24 de outubro ás 16.00 h. Esperamos a súa asistencia.

COMEZO DO CURSO 2018/19

A presentación do novo curso será o vindeiro luns 17 de setembro, de 12 h a 13.15h (con autobús escolar). As clases comezarán o martes en horario normal, de 8.35 a 14.35 h.

Armelle, a profe de francés

Neste curso despedímonos de Armelle Sobrino Heyvaert, a nosa profe de francés durante once anos e a nosa xefa de estudos nos últimos oito.

Como profesional foi unha excelente profesora e, estando ao frente do centro, traballou a reo a favor de todos os rapaces e rapazas que pasaron por aquí coa sensibilidade que cada ocasión merecía. Todos a imos recordar moito pola súa amabilidade e o seu sorriso.

Queremos desexarche moita sorte nesta nova etapa e esperamos verte moito por aquí! Moitas grazas por todo.

 

Listado de libros de texto para o curso 2018/19

Os libros de texto do novo curso 2018/19 son os mesmos que os do ano pasado, soamente se engadiu á lista  "Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas" de 4º de ESO.

Podedes acceder á lista dende aquí:  libros

CALENDARIO DAS PROBAS DE SETEMBRO 2018

No enlace podedes acceder ás datas das probas de setembro.

Calendario

Concurso de Fotografía

Nerea Yáñez de 3º de ESO participou no I Concurso Humanísimos - Categoría Fotografía de Bibliotecas ESO, organizado pola Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol. Non acadou premio, pero a súa fotografía terá un tratamento especial xa que estará exposta durante o acto e incluirase na publicación en papel.

Noraboa de novo, Nerea!

Premio de Tá en Artes

O 12 de xuño, no CENIMA de Foz,  foi a presentación dos proxectos dos centros escolares que participaban nos primeiros premios Juan Puchades Quilis. Os nosos alumnos, cun traballo sobre o Patrimonio Inmaterial, presentaron a curtametraxe "Preguiceiro" e os proxectos "Patrimonio das palabras" e "Esculpindo a luz". Os departamentos que colaboraron foron os de Debuxo, Lingua Galega, Normalización Lingüística, Música, Teatro e Tecnoloxía. 

O domingo 17 de xuño recibimos o primeiro premio da creatividade artística  na categoría de secundaria, compartido co IES San Rosendo.

 

Disfrutade dun resumo:

O PREGUICEIRO

Curtametraxe realizada polos alumnos de 1º e 2º e está baseada en seis contos do libro Contos populares da provincia de Lugo. É unha homenaxe aos contos populares que tan ben definen a idiosincrasia dos pobos.

 

 O PATRIMONIO DAS PALABRAS

Foi realizado polo alumnado de 4º e tivo como principal obxectivo traballar un aspecto do patrimonio inmaterial dun pobo, o léxico, que é vital para o mantemento da diversidade cultural fronte á crecente globalización.

Presentáronse unhas mans en posición cóncava simbolizando os galegos que son conscientes da necesidade de recoller e conservar vivo o vocabulario que xa vai quedando en desuso.

 

ESCULPINDO A LUZ

Foi feito polos alumnos de 3º e é unha instalación que trata de ser unha metáfora de todo o que nos conforma como seres humanos (cultura na que estamos inmersos, persoas coas que nos relacionamos...) e as motivacións interiores (alegrías, penas, medos, sufrimento...). A suma de todo isto confórmanos como sociedade cunhas características particulares que pertencen ao patrimonio inmaterial. 

O individuo está representado por unha media da que saen fíos de dúas cores (estímulos interiores e exteriores), e están máis ou menos tensados en función do impacto que cada un deles tivera na persoa.

 


 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE 1º E 2º

A pasada fin de semana do 16 e 17 de xuño o alumnado de 1º e 2º de ESO foi ao parque de multiaventuras de Padrón e á llla de Ons, pasárono xenial!

Podedes ver un vídeo resumo das actividades levadas a cabo.

Distribuir contido