Premio de Tá en Artes

O 12 de xuño, no CENIMA de Foz,  foi a presentación dos proxectos dos centros escolares que participaban nos primeiros premios Juan Puchades Quilis. Os nosos alumnos, cun traballo sobre o Patrimonio Inmaterial, presentaron a curtametraxe "Preguiceiro" e os proxectos "Patrimonio das palabras" e "Esculpindo a luz". Os departamentos que colaboraron foron os de Debuxo, Lingua Galega, Normalización Lingüística, Música, Teatro e Tecnoloxía. 

O domingo 17 de xuño recibimos o primeiro premio da creatividade artística  na categoría de secundaria, compartido co IES San Rosendo.

 

Disfrutade dun resumo:

O PREGUICEIRO

Curtametraxe realizada polos alumnos de 1º e 2º e está baseada en seis contos do libro Contos populares da provincia de Lugo. É unha homenaxe aos contos populares que tan ben definen a idiosincrasia dos pobos.

 

 O PATRIMONIO DAS PALABRAS

Foi realizado polo alumnado de 4º e tivo como principal obxectivo traballar un aspecto do patrimonio inmaterial dun pobo, o léxico, que é vital para o mantemento da diversidade cultural fronte á crecente globalización.

Presentáronse unhas mans en posición cóncava simbolizando os galegos que son conscientes da necesidade de recoller e conservar vivo o vocabulario que xa vai quedando en desuso.

 

ESCULPINDO A LUZ

Foi feito polos alumnos de 3º e é unha instalación que trata de ser unha metáfora de todo o que nos conforma como seres humanos (cultura na que estamos inmersos, persoas coas que nos relacionamos...) e as motivacións interiores (alegrías, penas, medos, sufrimento...). A suma de todo isto confórmanos como sociedade cunhas características particulares que pertencen ao patrimonio inmaterial. 

O individuo está representado por unha media da que saen fíos de dúas cores (estímulos interiores e exteriores), e están máis ou menos tensados en función do impacto que cada un deles tivera na persoa.