|
Obradoiro de Regueifas
O xoves 26 de outubro o músico e regueifeiro Luís “o Caruncho” conduciu o alumnado de 3º ESO polos vieiros da regueifa e a improvisación oral, dentro do programa impulsado dende a Deputación de Pontevedra.
Nun primeiro momento, achegámonos a diferentes xéneros de poesía oral improvisada, en diferentes partes do mundo, para centrármonos despois na regueifa galega: a súa orixe, papel social e as vías polas que se conservou e transformou ata a actualidade.
Aspectos como a métrica, a rima, a melodía e o ritmo saen de forma natural e intuitiva cando nos poñemos a regueifar coa compaña da zanfona.
Despois da creación colaborativa de varias coplas, o obradoiro concluíu coa redacción individual de varias estrofas, a partir de diferentes patróns achegados por Luís.