|
Comando Igualdade
O Comando Igualdade de Vigo é unha iniciativa dun grupo de alumnado do Instituto Alexandre Bóveda que ten por obxectivo sensibilizar a mocidade ao redor da igualdade real entre mulleres e homes. Este proxecto partiu do proxecto Bata no ano 2009, acción pedagóxica que obtivo o premio Irene do Ministerio de Educación e Ciencia, no que se resaltaba o traballo invisible que realizan as mulleres dentro do que se coñece como a ética do coidado.
Este grupo de estudantes do Comando Igualdade acoden ás outras aulas en grupo. Nas intervencións desenvolven competencias de comunicación verbal e non verbal que redunda dunha forma moi positiva na súa formación académica. O obxectivo final é transmitir os seus valores de igualdade, equidade, empatía e responsabilidade para procurar un mundo máis xusto e máis humano.
As intervencións do comando realízanse no propio centro, en todas as aulas que as tutorías demándano en horario lectivo e coordinado polo profesorado implicado; e tamén noutros centros dos arredores que reclaman a presenza e a actuación do Comando Igualdade.
O alumnado implicado recibe formación permanente en Igualdade a cargo do profesorado coordinador contando coa colaboración doutros departamentos como Filosofía e da Biblioteca. Este compromiso que demostra o comando cos dereitos humanos convértese nun selo de identidade do instituto Alexandre Bóveda.
REDES SOCIAIS DO COMANDO
VÍDEOS E LIGAZÓNS RECOMENDADOS POLO COMANDO
- Plataforma feminista con recursos didácticos
- Querido papá. Corto violencia de género.
- Pamela Palenciano. No sólo duelen los golpes.
- Chimamanda Adichie. Todos deberíamos ser feministas.
- Corto, corre como una niña.
- Mujer tenía que ser. Sandra Sabatés en el intermedio.
- Guia LADA - Como identificar micromachismos (PDF)
- Pepa y Pepe. La escalera cíclica de la violencia de género en la adolescencia.
- ESTEREOTIPOS DE XÉNERO: vídeo creado polo comando
FOTOS 8M (2019)