|
LAZY LADY en semifinais do concurso nacional de MUSICAULA
Os alumnos de 1º de Bacharelato do noso insti Pablo Blanco (batería) e Rodrigo Iglesias (trompeta) co seu grupo de funky-rock LAZY LADY están a competir no concurso nacional de MUSICAULA (http://www.musicaula.com/grupos) e xa se atopan en semifinais.
LAZY LADY xunto con outros tres grupos da zona A (Galicia, Asturias Castilla y León, e Cantabria) lograron superar a primeira fase do concurso na que participaban máis de 40 grupos.
Actuarán o vindeiro 5 de maio en Medina del Campo (Valladolid), onde defenderán a súa canción Richard Pherson's Terrifying Funfair. (http://www.myspace.com/lazyladyband)
O gañador representará á zona A na gran final nacional. Se che gusta a súa canción podes votalos a traves de facebook e da páxina oficial do festival do luns 04 de xuño de 2012 ao luns 18 de xuño de 2012, xa que pasará á final o grupo que mellor puntuación obteña entre o xurado e a votación popular.