|
Bacharelato artístico: Madrid
Parte do alumnado do bacharelato artístico do primeiro curso fixo unha viaxe a Madrid centrándose no aspecto máis escénico e estético da cidade dende o martes 2 deica o venres 5 de abril.
Comezando cunha visita libre polo centro, dedicaron a mañá do segundo día a facer un percorrido pola arte europea dende o século XIV até o XX, explorando as obras máis relevantes da colección do Museo Nacional Thyssen-Bornemizsa. O alumnado estivo moi interesado e fixo moitas preguntas á guía.
Xa de tarde coñeceron no corazón de Malasaña a experiencia do microteatro, un espazo dedicado a este formato nacido en Madrid hai unha década, realizando un pequeno obradoiro para entender mellor as súas características e asistindo a catro funcións.
Na terceira xornada visitaron o Parque Warner e na derradeira fixeron unha interesante visita ao Teatro Real.
Estamos seguras de que esta bagaxe cultural deixará un pouso de recursos do que alumnado tirará bo proveito.