Novas do curso anterior

  

 ÚLTIMAS NOVAS

  • AVISO IMPORTANTE: EMENDA DO ISBN DO LIBRO DE TEXTO DA MATERIA DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA DE 1º CURSO DA ESO. O ISBN correcto do libro de bioloxía e xeoloxía de 1º ESO é 978.84.9854.522-7.
  • Listaxes provisorias do fondo solidario de libros. Clicar aquí para acceder ás listaxes. O prazo de reclamacións remata o día 16 de xullo.
  • clicar aquí para acceder ao calendario de setembro (datas e horas de exames, entrega de cualificacións,...)
  • Parabéns ao alumnado do Centro que obtivo unha cualificación de acceso á Universidade superior a 9. Como recoñecemento a estes resultados, este alumnado asistiu o pasado día 4 de xullo, en compañía dos seus familiares e da directora do Centro, ao acto anual de recoñecemento aos mellores expedientes académicos de Galicia. Velaquí os nomes d@s alumn@s homenaxead@s: Nadia Balsa, Lydia Lorenzo, Silvia Mosquera, Lucía Santamaría e Marcos Souto. 
  • LIBROS DE TEXTO-MOI IMPORTANTE: O alumnado que no vindeiro curso 2018-19, vaia cursar en 2º curso da ESO a materia de matemáticas en inglés, debe adquirir en lugar do libro de matemáticas que figura na listaxe de libros de texto, o que se indica a seguir:

MATHEMATICS 2 (ANAYA) Colera Jiménez, Ignacio C. ISBN 978-84-698-2575-4

  • Convocatoria de premios extraordinarios da ESO 2017-18. Clicar aquí para acceder a toda a información.
  • Listaxe de libros de texto do curso 18-19. Clicar aquí para acceder á información.
  • Coa intención de potenciar o uso da aplicación móbil da Xunta (Abalar móbil), xúntanse instruccións para o seu uso por parte de pais e nais.
GUÍA  ABALAR  MÓBIL  FAMILIAS
  • Nova adaptación operística a cargo do alumnado de 1º de bacharelato de artes, baixo a dirección do profesor Julen Cantabrana

 

  • Listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente para a realización de actividades de inmersión lingüística. Para acceder a toda a información clicar en http://www.edu.xunta.es/axudasle.
  • Listaxes definitivas de alumnado admitido no curso 18-19. Clicar aquí para abrir o pdf.
  • Instrucións CIUG ABAU 2018. Clicar aquí para acceder ás instrucións.
  • Clicar aquí para acceder ao calendario de reclamacións ás cualificacións de 2º BAC no presente curso 17-18. Esta información figura tamén dispoñible en formato impreso no taboleiro da entrada do Centro.
  • Felicitacións a Roi Cortón, Antía domínguez, Iago Fernández e Pablo Muiña,  gañadores do  concurso ligamats na categoría C (3º e 4º de ESO) da XIV edición de IMATXINA (antiga Semana Matemática) que se celebrou do 5 de abril ao 20 de abril de 2018. Así mesmo felicitamos ao noso equipo formado por Paloma Conde, Mara Domínguez, Iago Feijóo e Javier García, que quedaron en segunda posición na categoría B (1º e 2º de ESO) do devandito concurso.
  • Listaxes de alumnado admitido no curso 2018-19. Clicar aquí  para acceder a toda a información.
  • Publicación de prazas vacantes de alumnado para o curso 2018-19. Clicar aquí para abrir o pdf.
  • Aberto o prazo de solicitude de axudas de realización de actividades de formación en linguas estranxeiras. Accede a toda a información pinchando na páxina http://www.edu.xunta.es/axudasle.
  • Desde o día 20 de decembro ata o 27 de decembro emitiranse, en distintas emisoras de radio de Vigo (Los 40 principales, Cadena SER, Europa FM, Kiss FM e Cadena 100), os nove eslogans gañadores do "I Concurso de eslogans por un lecer saudable", no que os nosos alumnos Noelia Rodríguez, Inés Vázquez, Noelia González, Tito Azar López, Sara Álvarez, e Isolda Comesaña acadaran un 3º premio.
  • Publicas as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente, correspodente ás axudas para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017). Toda a información aquí.
  • Noraboa ao grupo de alumnos/as de 4º ESO D, formado por: Noelia Rodríguez, Inés Vázquez, Noelia González, Tito Azar López, Sara Álvarez e Isolda Comesaña, por gañar o 3º premio na categoría 4º de ESO do concurso slogan "Lecer Saudable", organizado por o PLDA- Equipo de Prevención do Concello De Vigo. O premio será entregado o día 22 de maio no Auditorio do Concello.
  • Convocadas axudas para poder optar: ao Fondo Solidario de Libros de Texto destinado ao alumnado de 1º a 4º de ESO no curso 2017/2018 e Adquisición de Material Escolar destinado ao alumnado da ESO no curso 2016/2017. O prazo de entrega da solicitude é dende o día 23 de maio de 2017 ata 23 de xuño de 2017. Podes atopar toda a información neste enlace. Poden descargar a solicitude aquí. Para máis información poden acudir á secretaría do centro.
  • Noraboa aos grupos participantes no III Concurso de Robótica, celebrado o pasado 28 de abril na Escola de Enxeñeiros Industriales de Vigo. Felicitamos especialmente, ao grupo de 1º ESO E formado por: Mara, Iria, Paula, Aroa, Nuria e Uxío por acadar o primeiro premio na categoria WALL-E para 1º e 2º da ESO.


  • Noraboa a nosa alumna, Laura Gil Outeiral de 2º bacharelato E, que gañou o 3º Concurso Xuvenil de Microrrelatos de Amnistía Internacional de Vigo, titulado "Terra de Acollida", na categoría de maiores de 16 anos. A entrega de premios foi o pasado xoves 20 de abril. Neste enlace podedes acceder ao relato gañador.

 

  • Neste enlace  podedes, consultar as listaxes de admitidos ou non, correspodente ás axudas para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017).
  • Convocadas axudas para participar no Programa " Campus Científicos de Verano" para alumn@s de 4º de ESO e 1º de Bacharelato durante o ano 2017. Máis información neste enlace.
  • Convocado o Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa "Vigo en Inglés 2017". Para máis información pincha aquí.
  • Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. Neste enlace están o texto da Orde de convocatoria e a Guía para cubrir a solicitude.
  • Noraboa a Lois Seijo Barrio, alumno de 4º de ESO B , por acadar unha das oitenta Becas que a  Fundación Amancio Ortega dá a alumnos/as da Comunidade Galega. Con esta beca, o vindeiro curso 2017-2018, o alumno estudará  1º de Bacharelato nun High School en Canadá ou EEUU. Máis información neste enlace.
  • A a nosa alumna de 1º de bacharelato A, Antía Álvarez Pazó, acadou un dos vinte premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015/2016. Os nosos parabéns!!
  • Noraboa a Inés Cardero Neri, alumna de 1º de bacharelato E, por acadar o primeiro premio na modalidade musical, no concurso "2016:O reto do acoso escolar", organizado pola Fundación Arela en colaboración da Fundación Barrié de la Maza. Para máis información pincha aquí.

 

  • Convocadas axudas para poder optar: ao Fondo Solidario de Libros de Texto destinado ao alumnado de 1º e 3º de ESO no curso 2016/2017, Adquisición de Libros de Texto destinadas ao alumnado de 2º e 4º de ESO no curso 2016/2017 e Adquisición de Material Escolar destinado ao alumnado da ESO no curso 2016/2017. O prazo de entrega da solicitude é dende o día 18 de maio de 2016 ata 23 de xuño de 2016. Podes atopar toda a información neste enlace. Podes descargar o impreso de solicitude aqui. A dita solicitude, no caso de que autoricen a consulta telemática dos datos, solo deberá vir acompañada do Libro de Familia(orixinal e copia) e se fose o caso sentenza de separación (orixinal e copia). Tamén deberán acompañar copia da primeira folla da solicitude para que sexa selada.Para máis información poden acudir á secretaría do centro
  • Iago Fernández Perlo, alumno de 2º ESO B, clasificouse para a fase final da olimpiada matemática para 2º de ESO. Noraboa a Iago, que terá que competir na final o vindeiro xoves 19 de maio en Lugo.
  • O alumnado de 4º ESO D e 1º Bacharelato A tiveron unha destacada actuación na II Competición de programación de robótica organizada pola facultade de Enxeñeria Industrial da Universidade de Vigo o día 29 de abril.Un equipo de 4ºD conqueriu o 2º posto (empatados a puntos co 1º clasificado) e os dous grupos de 1º de bacharelato quedaron nos postos 4º e 5º

 

  • Felicitar de novo a Javier Durán, Laura González, Adrián López, e Lydia Lorenzo que, unha vez máis, foron os gañadores do  concurso ligamats na categoría C (3º e 4º de ESO). Neste caso na XII edición de IMATXINA (antiga Semana Matemática) de Vigo que se celebrou do 23 de febreiro ao 11 de Marzo de 2016. Esta vez, ademais, había que competir tamén con equipos da zona de A Coruña, onde se celebrou IMATXINA por primeira vez.
  • Noraboa a Silvia Mosquera Lago e Iria Feijóo Rey, alumnas de 4º de ESO , por acadar unha das oitenta Becas que a  Fundación Amancio Ortega dá a alumnos/as da Comunidade Galega. Con esta beca, o vindeiro curso 2016-2017, as alumnas estudarán  1º de Bacharelato nun High School en Canadá ou EEUU. Máis información neste enlace.
  • Noraboa a Boris Carballa Corredoira, alumno de 2º de bacharelato A, por acadar o segundo premio na olimpíada matemática galega na súa LII edición, celebrada o 15 de Xaneiro de 2016 en Santiago. Boris será un dos tres represesntantes de Galicia na fase nacional da LII edición da olimpiada matemática española, que se celebrará en Barcelona do 31 de marzo ao 3 de abril de 2016.

 

  • Aberta unha 2ª convocatoria de axudas para adquisición de material escolar destinada ao alumnado que non a solicitou na convocatoria anterior ou que, aínda que as solicitase, resultase excluído por unha causa emendable.Podes atopar toda a información e o modelo de solicitude neste enlace. Máis información na secretaría do centro
  • Convocadas axudas para a adquisición de material escolar para o alumnado de ESO. O prazo remata o 1 de outubro de 2015. Podes atopar toda a información e o modelo de solicitude neste enlace. Máis información na secretaría do centro.
  • Impreso de solicitude para poder optar a libros do fondo solidario regulado pola orde do 21 de maio de 2015. O último día para entregar o impreso é o 30 de xuño de 2015. Lémbrase que os posibles repetidores de 2º de ESO teñen este mesmo prazo para solicitar a axuda, polo que en caso de dúbida se recomenda facelo, xa que se o alumno/a pasa de curso se anularía sen problema.
  • O departamento de tecnoloxía organiza a primeira competición robótica no IES o vindeiro xoves 18 de xuño de 2015. Os competidores son 4ºB e 1º BACH A.

  • Do 12 de xuño de 2015 ata o 26 de xuño de 2015 pódense presentar ofertas para a explotación da cafetería cara o vindeiro curso 2015-2016. Aquí podes atopar a Folla de especificacións técnicas así como as condicións para a contratación do servizo da cafetería.
  • Unha equipa de 1º de bacharelato A do noso instituto formada por Boris Carballa, Rosario García, Alejandro Gómez, Sergio Iglesias, Adrián Rodríguez, e Fernando Rodríguez, acadou o 2º premio (na categoría de bacharelato) no I Concurso de Robótica organizado pola Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, no que participaron institutos de toda Galiza.

 

  • O noso alumnado segue a acadar premios matemáticos: Javier Durán, Laura González, Adrián López, e Lydia Lorenzo foron os gañadores (outra victoria máis para este equipo) do concurso ligamats na categoría C (3º e 4º de ESO) , e Malena Álvarez, Francisco Blanco, Iago Fernández e Sergio Palomanes foron os gañadores do concurso ligamats na categoría B (1º e 2º de ESO) da XI edición de IMATXINA (antiga Semana Matemática) de Vigo que se celebrou do 2 ao 13 de Marzo de 2015.

 

                             

 

  • Proceso de admisióm do alumnado para o curso 2015-2016: do 2 ao 23 de marzo de 2015 estará aberto o prazo para solicitar praza nos centros educativos sostidos con fondos públicos. Aquí podes ver a lexislación correspondente e a nosa oferta incial de prazas para ESO e  bacharelato.
  • Escoita os audios dos poemas de Álvarez Bláquez cantados polo alumnado do bacharelato de artes escénicas.
  • O alumnado e profesorado do bacharelato de artes escénicas participou no acto do centenario de Xosé María Álvarez Blázquez na Fundación Penzol. Aquí tes un enlace ao video deste acontecemento.

 

  • Boris Carballa Corredoira mención de honra na LI olimpiada matemática española en Galicia.

 

  • Os nosos alumnos de 1º de bacharelato Iago Alcántara Álvarez, Cristina García Quiñones e Boris Carballa Corredoira (procedente do CPR plurilingüe Don Bosco), acadaron sendos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013/2014.

 

 

  • O vindeiro luns 23 de xuño ás 19:30 horas haberá unha representación do  musical "Os miserables" por parte de alumnado do centro . dirixidos polo profesor Julen Cantabrana. A entrada será libre ata completar o aforo (160 prazas). 

 

  • Máis premios matemáticos para o noso alumnado: Javier Durán, Laura González, Adrián López, e Lydia Lorenzo foron os gañadores do cuncurso ligamats na categoría B (1º e 2º de ESO) da X edición da Semana Matemática de Vigo que se celebrou do 10 ao 21 de Marzo de 2014. Así mesmo Crsitina García, Carlos González, Pedro Mirón, e Lidia Seoane foron os subcampións da categoría C (3º e 4º de ESO).
 
  • Video de presentación do proxecto "Ecosistemas" elaborado polo alumnado de 2º ESO B baixo a coordinación da profesora Rosa Conde
  • Mira aquí o video sobre os relevos, proxecto realizado por alumnado de 3º e 4º de ESO, dirixido pola profesora Carmen Martínez, xefa do departamento de Bioloxía.
  • Xa podes ver as fotos da visita de David Amor ao insti.
  • Os/as nosos/as alumnos/as Gael Vaamonde, Eirim Vaamonde, Iria Pena, Silvia Fernández e Miguel Barreiro, xunto con catro compañeiros más, foron os gañadores  do campionato de España de exhibición de taekwondo acrobático (categoría infantil). Aquí tendes algunhas fotos cedidas polo seu profesor.
  • Patricia Álvarez Otero, alumna de 2º de bacharelato, finalista do II concurso internacional de twits contra a violencia de xénero do Concello de Lalín. Máis información aquí.
  • O venres 3 de maio de 2013 tivo lugar a colocación das placas con codigos QR nas paradas do Roteiro por Coia, evento para o que se fixo un concerto na Praza do Pobo (ver fotos) no que actuaron, maioritariamente, alumnos e  ex-alumnos do insti. O martes 7 de maio as 19.30 h. no salón de actos do IES Alexandre Bóveda o arqueólogo Eduardo Rguez. impartirá a charla “As lembranzas soterradas. Unha lectura arqueolóxica da Coia histórica” baseada na súa obra publicada polo Instituto de Estudos Vigueses. O mércores 8 de maio as 17 h. o profesorado fará a visita guiada do roteiro, con saída do IES Alexandre B. e cunha duración de dúas horas aproximadamente. Na barra lateral dereita tes un enlace a wiki do roteiro. 
  • Gañadores do 1º rally matemático galego para 1º de ESO. Os alumnos e alumnas de 1º de ESO Susana Castiñeira Lampón, Iria Feijoo Rey, Lucas Lestón Benavides, Adrián López Fernández, Lydia Lorenzo Cisneros, Antón Sánchez Landesa, Alba Estévez Vázquez, e Martín Lomba Rodríguez, foron os gañadores absolutos do 1º  rally matemático galego.  Máis información aquí.
  • O pasado mércores 3 de abril de 2013 a profesora Dna. Rosa María Crujeiras Casais impartiu a conferencia titulada: "Curso de cociña estatística: algunha receitas sinxelas para cociñeiros noveis". Previo á conferencia entregáronse os premios do III Concurso de problemas matemáticos, e o III Concurso de relatos matemáticos convocados polo departamento de matemáticas.Máis información aquí.
  • Os alumnos e alumnas de 1º de ESO Susana Castiñeira Lampón, Iria Feijoo Rey, Lucas Lestón Benavides, Adrián López Fernández, Lydia Lorenzo Cisneros, Antón Sánchez Landesa, Alba Estévez Vázquez, e Martín Lomba Rodríguez, acadaron un premio no rally matemático galego 2013. O xoves 11 de abril irán a Santiago a recibir o seu premio e a competir contra outros dous equipos para ver quen é o gañador absoluto desta proba. 
  • Fernán Rodriguez, alumno de 1º de bacharelato de artes escénicas, foi un dos cinco gañadores dos premios internacionais de música "David Russell" dirixido a novos talentos . Dos outros catro gañadores, dúas son ex-alumnas tamén do bacharelato de artes escénicas: Marta Comesaña e Laura Zapatero.  
  • O luns 10 de decembro de 2012 fomos á Biblioteca Nacional, en Madrid, ao acto de entrega de premios do Concurso Nacional de Boas  Prácticas en Bibliotecas Escolares 2011, onde a nosa biblioteca recibiu un 3º premio. Grazas ao equipo da biblioteca (Ángeles, Carmen, Sara, e ao seu coordinador Benigno), ao profesorado que en cursos anteriores formou parte de este equipo, así como a todo o resto do profesorado e alumnado que participou activamente no funcionamento e actividades da mesma, e que fixeron posible este premio.
  • A nosa alumna Natalia Puga Díaz, de 2º de ESO, acadou o 2º premio no I concurso de tweets conta a violencia de xénero 2012 convocado polo concello de Lalín. Podes ver aquí os tweets finalistas.
  • A nosa alumna Ariadna Iglesias González, de 2º de bacharelato, acadou o 4º premio no IX concurso de cartas "Dillo a quen maltrata 2012" convocado polo concello de Lalín. Podes ler aquí a carta premiada.
  • A nosa ex-alumna Inés María Rodríguez Naz gañou o primerio premio da especialidade de relato breve do certame galego de creadores novos Xuventude crea 2012.  Recentemento Inés ten acadado tamén un premio extraordinario de bacharelato.
  • Cristina García Quiñones e Pedro Mirón Dominguez (2º ESO C) clasificáronse para a fase final galega da olimpiada matemática para 2º de ESO que se celebrará en Vigo o 25 de Maio de 2012.
  • Os alumnos Pablo Blanco e Rodrigo  Iglesias,  de 1º de bacharelato de artes escénicas música e danza, van a representar, co seu grupo de funky-rock LAZY LADY,  ao noso insti nas semifinais do concurso nacional de MUSICAULA. Lé aquí máis detalles sobre este concurso. 
  • 3º ESO A clasificados en segundo lugar no Rally matemático 2012.

 

  • A nosa biblioteca acadou un terceiro premio no Concurso Nacional de Boas  Prácticas en Bibliotecas Escolares. Noraboa a todo o profesorado e alumnado que fixo esto posible. Máis información no blog da biblioteca e no blog das bibliotecas escolares de Galicia. 
  • O venres 11 de novembro de 2011 entregáronse os  "Premios Irene: la paz empieza en casa".O primeiro premio na modalidade de profesorado ou profesionais da educación foi para un grupo de profesoras e profesores do noso instituto polo traballo "Proxecto BATA". Podes ver o video da entrega dos premios en proxectobata.wikispaces.com
                                       
  • José Luís González Cabaleiro, alumno de 2º ESO B foi un dos seis gañadores da olimpiada matemática galega para 2º de ESO celebrada o pasado 20 de Maio en Vigo.
  • Un grupo de alumnos e alumnas de 1º Bacharelato D (Sara Andrade Mosquera, Irene Rojo Martínez, Lucía Fernández Coutado, Rebeca Crespo Barreiro e Sergio Sánchez Mosquera), dirixidos polo profesor Daniel Rodríguez Pizarro, acadaron un premio no I Concurso de curtametraxes para escolares relacionados coa doazón e os transplantes 2010-2011.
  • 3º ESO A gañadores do Rally matemático 2011                                    

  • O sabado 11 de decembro celebrouse en Santiago o Foro Mundial da Educación, e alí estiveron un grupo de alumnos do noso insti, acompañados dos profesores Daniel Rodríguez e Ana Álvarez, para falar do "Proxecto Bata". Máis información  no blog de tecnoloxía  http://tecnoboveda.blogspot.com/  

  • Un  dos traballos realizados na asignatura de TIC polo alumnado de 1º Bacharelato D foi o gañador do 1º premio no certame de microvídeos NON O IGNORES, NON O XUSTIFIQUES, NON O ESCONDAS convocado polo Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo para tratar de fomentar unha maior implicación da sociedade diante da violencia de xénero.A entrega do premio será no Auditorio Municipal de Vigo o Mércores 24 de Novembro de 2010 , ás 19:00. O vídeo pode verse no blog de Tecnoloxía, TIC-TEC:  http://tecnoboveda.blogspot.com/

 


 

 

AdxuntoTamaño
horario de presentacións 18-19.pdf117.99 KB
paradas liña 2.pdf21.87 KB
paradas rutas 1,2, 4 e 5.pdf182.63 KB