Requisitos:
1.-Non estar en posesión do título de Graduado en ESO ou similar.
2.-Ter 17 anos ou cumprilos antes de que remate o ano 2023.
Inscrición.
Hai que entrar na páxina da Consellería de Educación. Ligazón
Logo ir á pestana de FP ou escreber www.edu.xunta.es/fp. Ligazón
Hai que ir á pestana de probas (na parte superior). Ligazón
Despois, á dereita, escoller Acceso a grao medio e convocatoria 2023. Ligazón
Aquí hai varias informacións:
- Calendario do proceso: prazo de solicitude, data de listaxes, data e lugar do exame... Ligazón
- Información xeral sobre o proceso. Ligazón
- Guía de uso do asistente informático: axuda para cubrir a solicitude. Ligazón
- Aplicación informática: onde hai que realizar a inscrición. Ligazón
Aplicación para cubrir a solicitude.
É recomendable ter abertas á vez a guía e a aplicación. Na guía van explicando paso a paso como cubrir a solicitude.
Unha vez que estás na aplicación o primeiro é darse de alta. Hai que ir a outros accesos (na parte de abaixo) e introducir un DNI e unha dirección de correo electrónico. Logo darlle enviar. Aparece unha información en vermello que di que non estás dado/a de alta e ao final (cor azul) unha ligazón para entrar en Alta solicitude web. Entrando nesa ligazón xa podes ir completando os datos que vai pedindo.
Cando rematas, na parte de abaixo aparece varias informacións:
- Comprobar erros. Se lle das e hai algún erro, márcao en vermello e podes corrixir.
- Se non hai erros hai que darlle a gardar e logo a enviar.
- Esperar uns segundos a que xenere o resgardo da solicitude en pdf. Este hai que imprimilo. Está formado por 7 follas. A primeira é información para a persoa que se inscribe. As outras 6 son 2 copias da solicitude iguais. Ao final xa pon que unha é para o centro e outra para a persoa solicitante. Tes que asinalas e poner o nome do IES onde a presentas.
Podese entregar en calquera IES que teña FP, o noso, por exemplo. A persoa que a recolla quédase coa copia para o centro e na copia para a persoa solicitante pon o selo de entrada e a data.
Unha vez entregado todo hai que ir á aplicación para saber o código persoal. Cada persoa ten un formado por letras e números. Non se publican nomes. Necesitas este código para consultar as listaxes.
MOI IMPORTANTE.
- Na solicitude hai que poñer os datos tal e como figuran no DNI ou NIE.
- A inscrición non remata ata que entregas ese documento nun IES.
- Se o entregas no noso IES tes que levar o documento de identificación para comprobar que non hai erros.
- Tes que gardar a copia para o solicitante co selo do centro. O día do exame tes que levar esa copia e o documento de identificación (DNI, NIE) orixinal, non fotocopia.
Exame.
Todos os exames son tipo test: unha pregunta e tres opcións de resposta das que só unha é correcta. Os acertos suman e os erros descontan polo que hai que ter coidado e non cubrir de calquera maneira.
Consta de 3 partes:
- Lingüístico-social (Lingua Castelá, Lingua Galega e Sociais). Hai unha proba de cada materia pero a nota é só unha que é a media dos 3. Non se necesita nota mínima para facer a media.
- Científico-tecnolóxica (Ciencias da Natureza e Tecnoloxía). Dúas probas e unha soa nota media das dúas.
- Matemáticas.
A nota de acceso é a media das tres notas anteriores. Podes suspender algunha e ter aprobado porque fai media se tes máis dun 4.
Data do exame: xoves, 25 de maio.
Lugar: Normalmente é no IES Fernando Wirtz (zona de Catro Camiños).
Horario:
Presentación: 9,00 horas.
Mañá: as probas comezan ás 9,30. Proba de Matemáticas e parte Socio-Lingüística.
Tarde: comeza ás 16,00. Proba de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía.
NON ESQUEZAS QUE:
- Na instancia hai que poñer os datos completos. O nome e apelidos tal e como figuran no documento de identificación.
- Non esquecer o nome de usuario e contrasinal. Se estás dado de alta servirá para o vindeiro curso e para a solicitude de prazas.
- Se tes aprobada algunha parte de convocatorias anteriores e queres que se conserve a nota debes de marcalo na solicitude.
- Puntualidade.
- Levar o día de exame documento de identificación (DNI/NIE/Pasaporte) e o resgardo de ter presentado a solicitude no centro.
- Non se permite ningún aparato tecnolóxico. Inclúe os Smartwatch aínda qu estean en modo reloxio normal. Só se permite o uso de calculadora (que non sexa científica, programable ou gráfica) para a parte científico-técnica (Tecnoloxía e C. da Natureza), NON na de Matemáticas.
- Pódense facer escaneos para detectar transmisión de datos.
- Ler ben as instrucións que hai ao comezo de cada proba e respectalas.
- Ter en conta que os erros descontan puntuación. Non convén arriscar demasiado.