O 28 de Maio a nosa profesora María A. Martínez Rodríguez xunto cos seus alumnos e alumnas de 1º da ESO: Pablo Araújo Rodríguez, Ignacio Canosa Gómez, Sabela Fiaño García e Andrea G. Ugarte Cervantes foron seleccionados polo xurado do concurso "IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos" finalistas na categoría de 1º e 2º da ESO co seu traballo titulado “COCHES VS CO2”.
A nosa nora boa pola calidade acadada no proxecto. A fase final para seleccionar o traballo gañador será o 17 ou 18 de Xuño, aínda por determinar, na aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.