Skip to Content

ADMISIÓN 21-22

Boas tardes,

Dado que o número de prazas para 1º de ESO no IES AGRA DO ORZÁN é inferior ao número de reservas feitas desde os centros adscritos, comunícase que:

Todo o alumnado dos centros adscritos deberá presentar solicitude de admisión (ED550B) no IES AGRA DO ORZÁN do 1 ao 21 de marzo de 2022, que poderán cumprimentar de forma manual ou a través da aplicación “admisionalumnado”, e despois presentala dunha das seguintes 3 formas:

  1. Persoalmente no IES AGRA DO ORZÁN.
  2. En calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
  3. A través da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA,

Se o alumno/a desexa solicitar praza noutro centro, deberá renunciar á reserva por escrito no IES AGRA DO ORZÁN, antes do 1 de marzo de 2022, e presentar solicitude de admisión (ED550B) noutro centro, do 1 ao 21 de marzo.

 Impreso de solicitude 
- O pdf que se achega, amplía esta comunicación.

Click aquí

PLAN DE EVACUACIÓN: VÍDEO FORMATIVO

Distribuir contido


by Dr. Radut