REQUISITOS:
- Ter 17 anos ou cumprilos antes do 31 de decembro do 2024.
- Non ter titulación de ESO.
Toda a información esta neste enlace: FORMACION PROFESIONAL.
INSCRIPCIÓN:
No enlace anterior hai que ir á pestana de probas: PROBAS.
Nesa páxina, na esquerda, hai que ir a Ciclos Medios, convocatoria: 2024.
Hai un documento que explica todo o proceso: INFORMACIÓN.
Para inscribirse hai que cubrir a solicitude nunha aplicación informática: APLICACIÓN.
Xunto a ela hai unha guía que vai explicando como hai que ir facendo:GUÍA.
O mellor é abrir unha venta na aplicación e outra no video explicativo. Vas vendo o video e vas facendo na solicitude.
Para inscribirse hai dúas posibilidades:
1.-Con certificado dixital.
2.-Se non se ten certificado dixital hai que darse de alta con número do DNI/NIE e unha dirección de correo electrónico. O sitio esta no final da paxina, onde pon OUTROS ACCESOS.
INSTRUCCIÓNS.
Primero hai que darse de alta. Mándanche un correo á dirección que poñas e desde ese correo activas a conta ou podes entrar directamente.
Unha vez activada vas ao enlace que está ao principio e xa podes cubrir a solicitude. Para entrar hai que premer no botón que está na esquina superior dereita (está en cor verde e cando lle das ponse vermello e podes entrar).
Unha vez cuberta hai que imprimila e entregala nun centro que teña Ciclos de FP. Pode ser no noso IES. Se ao final lle das a gardar e validar xera un pdf e tes que imprimir duas copias para ti acompañada dunha folla de instrucións. Con esas copias vas a Administración para que che dean de alta na proba. Só cando se fai este proceso está rematada a inscrición. Esa copia hai que gardala e levala o día do exame por se non apareces nos listados. É a proba de que estás inscrito/a e teñen que deixarte facer o exame.
COMO É O EXAME?
Todos os exames son tipo test: unha pregunta e tres opcións de resposta das que só unha é correcta. Os acertos suman e os erros descontan polo que hai que ter coidado e non cubrir de calquera maneira.
Consta de 3 partes:
- Lingüístico-social (Lingua Castelá, Lingua Galega e Sociais). Hai unha proba de cada materia pero a nota é só unha que é a media dos 3. Non se necesita nota mínima para facer a media.
- Científico-tecnolóxica (Ciencias da Natureza e Tecnoloxía). Dúas probas e unha soa nota media das dúas. Tampouco se necesita unha nota mínima para facer a media.
- Matemáticas.
A nota de acceso é a media das tres notas anteriores. Podes suspender algunha parte e ter aprobado porque fai media se tes máis dun 4.
No meu ordenador teño unha carpeta cos exames de 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022 e 2023. Quen estea interesado/a pode traer un lápiz de memoria e pasámolos. Están os exames e as solucións. Hai exames de anos anteriores pero no 2016 foi cando se adaptaron á LOMCE e inclúen preguntas de temas que antes non entraban.
CALENDARIO.
O calendario completo de todo o proceso tamén está colgado: CALENDARIO.
O prazo para inscribirse naproba comezou o pasado día 26 de febeiro e remata o día 8 de marzo. Non convén esperar aos últimos días porque espera todo o mundo e a plataforma satúrase.
O exame será o vindeiro día 23 de maio (xoves).
Uns días antes publicarán o lugar de realización. Habitualmente é o IES Fernando Wirtz (zona de Catro Camiños, fronte aos Xulgados).
Hai un horario que hai que respectar.
9,00: presentación. Pasan lista e hai que estar.
9,30-13,30: primera parte. Exame de Matemáticas, Lingua Castela, Lingua Galega e Ciencias Sociais.
16,00-18,00: segunda parte. Ciencias da Natureza e Tecnoloxía.
MOI IMPORTANTE.
- Na instancia hai que poñer os datos completos. O nome e apelidos tal e como figuran no documento de identificación.
- Non esquecer o nome de usuario e contrasinal. Se estás dado de alta servirá para o vindeiro curso e para a solicitude de prazas.
- Se tes aprobada algunha parte de convocatorias anteriores e queres que se conserve a nota debes de marcalo na solicitude.
- Puntualidade.
- Levar o día de exame documento de identificación (DNI/NIE/Pasaporte) e o resgardo de ter presentado a solicitude no centro.
- Non se permite ningún aparato tecnolóxico. Inclúe os Smartwatch aínda qu estean en modo reloxio normal. Só se permite o uso de calculadora (que non sexa científica, programable ou gráfica) para a parte científico-técnica (Tecnoloxía e C. da Natureza), NON na de Matemáticas.
- Pódense facer escaneos para detectar transmisión de datos.
- Ler ben as instrucións que hai ao comezo de cada proba e respectalas.
- Ter en conta que os erros descontan puntuación. Non convén arriscar demasiado.
SE TES ALGUNHA DÚBIDA OU PROBLEMAS PARA INSCRIBIRTE, PASA POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.