O equipo formado polo Club de Matemáticas de 3º e 4º da ESO está outro ano máis na final do Concurso de Estatística organizado por SGAPEIO (Sociedade Galega para A Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións), competindo cos mellores de Galiza co seu traballo “Como está o noso aire?
Neste proxecto estudaron a calidade do aire da Coruña, os niveis dos seus contaminantes e a posibilidade de predicir a súa concentración no futuro.
Desexámoslles moita sorte na final o día 11 de xuño na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.
Finalistas XI Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos (sgapeio.es)