Saltar la navegación

Ideamos?

Que teño que facer?

Imos facer unha práctica maker.

MBOT levará unha saia que se iluminará cando  se desprace.

Debedes deseñar unha saia que teña incorporados os leds RGB.

A saia vestirá a Mbot. Tedes liberdade para o deseño, pode ir no propio robot ou podedes incorporar unha estructura feita con lego e/ou outros materiais.

Unha práctica maker sempre ten dúas partes, a do deseño e a parte de programación.

A continuación tedes unha infografía cos pasos a seguir para facer a parte de deseño.