O grupo de profesoras que participan no proxecto Nach Frauen benannte Strassen | Female Street Names
quere dar as grazas ao alumnado e ao profesorado que participou na creación da nube de palabras co gallo da celebración do día da muller. Aquí tedes a nube final con todas as vosas contribucións: Preme na imaxe.
O proxecto trata sobre mulleres que deron nome ás rúas das nosas cidades, e participan tamén escolas de Italia, Polonia e Croacia. Querémosvos pedir que nos axudedes a crear unha nube de palabras coa palabra muller nos distintos idiomas que impartimos na escola, ou noutros que podades coñecer. A actividade estará aberta todo o mes de marzo. Só hai que premer nesta imaxe.
O curso 21-22 a nosa compañeira de inglés Patricia Conde coordinou un proxecto eTwinning na nosa EOI. Dada a súa calidade como proxecto de innovación, a Consellería pediulle que redactara un artigo falando desa experiencia para publicalo na revista Eduga. Podedes ler o artigo neste ENLACE
Aproveitamos para dar os nosos parabens á coordinadora, Patricia Conde, e as participantes no proxecto, Nancy Casielles e Alicia Del Río!
#eTwinning #ErasmusPlus #PlanProxecta @EoiOurense
No curso 2021-22 as profesoras Nancy Casielles, Alicia del Rio e Patricia Conde desenvolveron un proxecto eTwinning dentro do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia na modalidade "Patrimonio cultural europeo en colaboración co programa eTwinning". Tamén participaron a Escola de Segunda Oportunidade de Kalamata en Grecia, o Liceo científico Banzi Bazoli de Lecce en Italia e a Escola Profesional Beira-Aguieira de Coimbra en Portugal. O devandito proxecto ven de ser galardoado co Selo Nacional de Calidade eTwinning. Aquí compartimos a presentación:
Durante este curso a profesora Carmen Rodríguez Alonso levou a cabo co seu alumnado de Alemán-A2 na EOI de Ourense un proxecto eTwinning titulado "Deutsch in Dialogen" no que temén participaron a Escola Oficial d'Idiomes del Prat en Barcelona e o Liceum ogólnokształcące. Na recta final do seu proxecto o alumnado quere compartir algunhas pinceladas do traballo levado a cabo:
Visita do alumnado e profesorado da EOI Ourense á Escola Profissional Beira-Aguieira (Portugal) dentro do Proxecto e-Twinning. Ver infografía.
Na EOI de Ourense neste curso estase a levar a cabo un proxecto eTwinning dentro do dpto de Alemán coa participación da profesora Carmen Rodríguez Alonso en colaboración co Liceum Ogólnokształcące Sióstr Urszulanek en Polonia e a EOI de El Prat de Llobregat en Cataluña.
Prema na imaxe para ver á infografía.
Esta visita de alumnado e profesorado forma parte do Proxecto eTwinning (marzo 2022). Prema na imaxe para ver presentación.