Os certificados poden ser recollidos persoalmente polo interesado, que deberá acreditar de modo fidedigno a súa identidade ou ben poderá autorizar outra persoa que tamén deberá exhibir o seu DNI. No escrito de autorización deberá figurar o nome e apelidos da persoa autorizada e o número de seu DNI. Ao devandito escrito achegaráselle unha fotocopia simple do DNI do alumno que autoriza a retirar o seu título. O escrito deberá presentarse, inescusablemente, asinado polo interesado. Na conxersería do centro poderase recoller unha folla modelo do escrito de autorización.
VALORACIÓN DOS CERTIFICADOS.
As titulacións das escolas oficiais de idiomas valóranse segundo a lexislación establecida para tal efecto en :
CONVALIDACIÓN NAS UNIVERSIDADES.
As persoas interesadas en solicitar a validación dos estudos cursados en escolas oficias de idiomas por Créditos de Libre Configuración na Universidade deben dirixirse á Facultade correspondente.