CONSIDERACIÓNS PARA O VINDEIRO CURSO 2022-23
Compartimos coas familias algunhas consideracións cara o vindeiro curso
Calendario
O vindeiro curso iniciarase para o alumnado o día 8 de setembro de 2022.
O calendario escolar ven marcado pola Consellería de Educación nunha orde de obrigado cumprimento para todos os centros docentes dependentes da mesma. Podedes consultalo no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220602/AnuncioG0655-240522-0001_gl.pdf
Período de adaptación para o alumnado de 4º de EI
No capítulo II, artigo 4 punto 4 da orde de calendario anterior explica como realizar este período. Animamos ás familias á que colaboren co novo equipo docente neste punto, especialmente a aqueles nenos e nenas que non estiveron escolarizados con anterioridade.
Materiais escolares
Non se prescriben libros de texto para o vindeiro curso. O vindeiro equipo docente poderá solicitar outros materiais en setembro.
Normas de Organización e Funcionamento da Escola (NOFs)
Neste documento están recollidos aspectos como organización de entradas e saídas, vestimenta para o alumnado, como se resolven situacións de enfermidade do alumnado, etc.
Este documento pode ser revisado e modificado coa aprobación do Consello Escolar. Podedes consultalo aquí:
http://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilarrodis/system/files/NOFS%202022_0.pdf
Comedor
Estanse a realizar os pasos para a implantación do servizo de comedor nesta escola, colaborando o centro, o concello e a ANPA. O comedor estará organizado e será responsabilidade da ANPA da escola. Pregamos que toda a comunidade colabore coa ANPA para ter un servizo satisfactorio. Calquera pregunta contactade co seu correo electrónico. Hai teléfono de contacto na carteleira exterior da escola.
apa.oloureiro@hotmail.com
Madrugadores e Actividades Extraescolares
Organízaas ó Concello de Arteixo. Está aberto o prazo para solicitudes. O correo electrónico de contacto é: educacion@arteixo.org
O equipo docente saínte agradece o apoio prestado polas familias durante este curso e desexa o mellor para toda a comunidade escolar de Vilarrodís no futuro.
Bo verán a todas e todos!!!