FONDO LIBROS 2024/25

Dende o 21 de maio e ata o 21 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas de libros, axudas de material escolar e fondolibros para o alumnado que o vindeiro curso escolar curse Educación Primaria. Podedes cubrir as solicitudes e entregalas no centro onde o alumno ou alumna vaia realizar os estudos ou ben facelo de maneira telemática a través da aplicación "fondolibros" (será necesaria a Chave 365 ou un certificado dixital).

Lembrade que se entregará unha única solicitude por todos os irmáns que cursen a mesma etapa.

Aquí tedes o enlace para realizar a xestión telematicamente, procedemento "ED330B - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar".

Tedes aquí o enlace a toda a información.

 

 

AnexoTamaño
Anexo I e II.pdf3.49 MB

Back to top