ADMISIÓN ALUMNADO 2024/2025
Posted Febreiro 28th, 2024 by admin
O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2024/ 2025 será do 1 ao 20 de marzo. Podedes acceder a toda a información sobre a normativa na páxina web
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action
A solicitude poderase presentar no propio centro educativo elixido como primeira opción ou na Sede Electrónica con usuario de Chave365/ certificado dixital da Xunta de Galicia. Podedes consulatar o manual para as familias no seguinte enlace:
https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/eoGAEeQr3N8iXRo
Documentación necesaria:
- -AnexoII (https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/eoGAEeQr3N8iXRo) cuberto e asinado por AMBOS proxenitores.
- -Copia do Libro de Familia.
- -Copia DNI do neno/a (se non ten é suficiente con entregar o libro de familia).
Prazos:
- Antes do 25 de abril o centro publicará no taboleiro a lista provisional de admitidos e non admitidos.
- Entre o 20 e o 30 de xuño as familias formalizarán as matrículas no centro educativo.
Calquera dúbida ou consulta podedes chamar ao 986313500 ou escribirnos no enderezo electrónico eei.verducedo@edu.xunta.gal