Matrícula curso 2023/24
O alumnado de novo ingreso que desexe formalizar matrícula na EEI de Verducedo para o vindeiro curso, deberá presentar no centro a seguinte documentación, excepto aqueles documentos que xa entregaran en marzo coa solicitude de admisión:
- Anexo III cuberto (documento adxunto ao final desta entrada).
- 2 fotografías tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.
- Certificado médico (importante que especifique que ten a cartilla de VACINAS ao día).
- Fotocopia do libro de familia onde consten neno/a e proxenitores (se xa se entregou, non é necesario traerla de novo).
- Fotocopia DNI dos proxenitores.
- De ser o caso, solicitude de uso de transporte (documento adxunto).
- De ser o caso, solicitude de uso do comedor.
O prazo será do 20 AO 30 DE XUÑO. En breve vos chamaremos para convocarvos á reunión que teremos para alumnado de novo ingreso o 28 de xuño ás 12h.
Anexo | Tamaño |
---|---|
Anexo III.pdf | 132.14 KB |
solicitude_transporte.pdf | 433.47 KB |
solicitude_comedor.pdf | 450.46 KB |