Feira do Libro
in
Durante a semana do 24 ao 28 de abril podes traer ao cole libros que xa non queiras, que xa non che gusten ou que che gusten tantísimo que queiras compartir cos demáis e intercambialo por outro. O intercambio está pensado para toda a familia, polo que os libros poden ser infantís ou de adultos. Por cada libro que traias conseguirás un vale, que poderás canxear por outro libro.
Recolleremos os libros a partir do luns ata o venres, e o vindeiro martes 9 de maio, en horario de 15:30 a 17h teremos a nosa particular Feira do Libro, onde poderás escoller entre todos os que recaudemos.