21 días en galego

Estimadas familias, infomamos de que se vai celebrar a cuarta edición da campaña “21 DÍAS EN GALEGO”, que imos iniciar o martes 1 de febreiro.

Trátase dunha campaña de promoción do uso da nosa lingua organizada polo Concello de Moaña, na que van participar todos os centros de ensino e que se vai desenvolver entre o martes 1 e o luns 21 de febreiro, ambos os dous incluídos. Podedes ver o cartel en ficheiros adxuntos ó final desta entrada.

O motivo desta campaña deriva da falta de competencia oral e escrita que o profesorado está a constatar no noso alumnado por causa do dramático abandono do noso idioma que estamos a vivir. 

 Que vantaxes poderían obterse ao participar nesta campaña? 

 ¤  Conseguir fluidez na súa expresión oral.

 ¤  Está demostrado cientificamente que as persoas que dominan máis linguas teñen máis facilidade para adquirir outros idiomas.

 ¤  A través do galego resulta doado o achegamento ao portugués, o que pode repercutir en beneficios laborais xa que o portugués é a sétima lingua máis falada do mundo.

 ¤  E, por suposto, como seres humanos preocupados pola cultura, reverter este abandono paulatino do noso idioma que podería levar ao seu esmorecemento. E, como pobo galego, non deixaremos morrer a nosa lingua, fomentarémola para que volva ter a vitalidade que noutros tempos tivo.

Ao final desta entrada, podedes ver adxunto o bando da alcaldesa de Moaña animando á participación.

Sen máis, agradecemos de antemán a todas e todos os que vaian participar nesta campaña.

AnexoTamaño
Cartel 21-DÍAS-EN-GALEGO-2022.png2.1 MB
Bando 21 días en galego.jpg1.26 MB

Back to top