Volta segura ás aulas
Estimadas familias,
Mañá 10 de xaneiro volveremos ás aulas. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén traballando coa Consellería de Sanidade para dar a mellor resposta posible á comunidade educativa nesta situación de alta transmisividade na que nos atopamos.
Os protocolos teñen amosado a súa eficacia polo que é preciso que se sigan aplicando con rigor, tal e como se fixo ata o de agora. Agradecendo o gran esforzo que toda a comunidade educativa está a facer para conter na medida do posible a expansión deste virus, pedimos insistir na prevención, e non enviar aos nenos/as á escola ante a aparición de síntomas compatibles ou posibles contactos. Remando todos na mesma dirección confiamos en saír canto antes desta situación.
Recibide un cordial saúdo.