NOVO PRAZO Admisión alumnado
No DOG de hoxe, 5 de maio, sae publicado o acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática, a través da SEDE ELECTRÓNICA (enlace) para a presentación das solicitudes. O código do procedemento é ED550B.
Se a ides presentar no centro educativo, para evitar coincidir varias persoas á vez, atenderemos baixo cita previa que poderedes concertar por correo electrónico (eei.verducedo@edu.xunta.gal) ou no teléfono 722 633 637.
Así mesmo, pedimos que acuda ao centro unha soa persoa, que cumprades as recomendacións dadas polas autoridades sanitarias (distancia social, medidas de hixiene persoal, etc.) e que sexades puntuais coa hora concertada.
Lembramos que deberedes entregar cuberto o anexo ED550B (tedes o arquivo ao final desta entrada) e unha proba documental da idade do alumno/a: fotocopia do DNI, ou de non telo, do libro de familia.
Anexo | Tamaño |
---|---|
ED550B-G_0.pdf | 1.13 MB |
ED550B-C_0.pdf | 1.13 MB |