AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

Aviso importante para usuarios de Comedor Escolar


 Segundo a orde publicada pola Consellería de Educación, se contempla a compensación económica ao alumnado que goza de beca de comedor escolar e que nestes días non poden facer uso do mesmo.

 Esto inclúe tanto ás familias de gratuidade total como ás que abonan 1€ polo servizo.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, este é o enlace que vos levará directamente ao procedemento:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED601B&ano=2020&numpub=1&lang=gl

Aquelas familias que teñan dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos, poderán mandar os seus datos ao móbil do cole ou ao noso correo electrónico (eei.verducedo@edu.xunta.gal) antes do venres 3 de abril:

- Nome do alumno/a/os/as

- Nome do titular da conta bancaria onde queredes que sexa ingresada a axuda.

- Número de conta bancaria.

IMPORTANTE: os que tedes fillos/as noutros centros educativos só poderedes presentar unha única solicitude na Sede Electrónica, que incluirá a totalidade das fillas e dos fillos escolares de ensinanzas obrigatorias. De non poder facelo, tramitaredes a axuda a través do cole, e cada centro educativo presentará a solicitude do seu usuario/a de comedor.

 <!--break-->

Back to top