#euquedonacasa

Queridas familias de Verducedo,

Parece que nos vai tocar quedar na casa por uns días... Imos  ver o lado positivo, que sempre o hai! Aproveitemos estes días para facer as miles de cousas que sempre estamos dicindo que non temos tempo de facer. Aproveitemos para pasar máis tempo co noso núcleo familiar, falemos de cousas, leamos xuntos, redescubramos os xogos de mesa que seguro andan por aí... Cousas como cociñar, planificar comidas, facer listas, inventarnos cancións, escribir historias, practicar hábitos de autonomía como aprender a atar os cordóns ou a vestirnos sós...

Pero que non vaiamos ao cole e non nos vexamos, non significa que non podamos compartir experiencias! Dende a escola de Verducedo imos lanzar unha serie de #retos para aquelas familias que vos animedes; iremos publicándoos no blogue da biblioteca e tamén os faremos chegar por difusión ao móbil.

Así mesmo, no blogue da escola publicamos algunhas propostas de actividades para realizar en familia e ferramentas educativas online que podedes empregar para facer un pouco máis levadeiro este tempo.

Podemos empregar a ferramenta de comentarios de ambos blogues para saber os uns dos outros. Tamén podedes facer fotos e vídeos para compartir cos nosos compañeiros o que estamos facendo cada un na casa. Podedes envialos ao correo da biblio (biblioverdu@gmail.com) ou ao móbil do cole, e os compartiremos con tod@s vós. Aínda que teñamos que estar alonxados fisicamente, sentirémonos máis unidos que nunca :)

Por último, no calendario competencial da Deputación de Pontevedra atoparedes centos de ideas de aprendizaxes funcionais para a vida

Unha aperta moi grande, e moito ánimo para estes días!

<!--break-->

Back to top