CANAL JOVEN - Agencia Española de Protección de Datos
Informamos ás familias do centro sobre a posta en marcha do Canal Joven, unha iniciativa da Agencia Española de Protección de Datos que conta co respaldo do Goberno, e que consiste nunha canle onde comunicar a difusión ilícita de contidos sensibles en internet e solicitar a súa retirada.
A canle ten como obxectivo ofrecer unha resposta rápida en situacións excepcionalmente delicadas, como aquelas que inclúen a difusión de contido sexual ou violento.
Estase levando a cabo unha campaña de difusión da canle en centros educativos, xa que pode ser especialmente útil no ámbito da comunidade educativa: centros, alumnado, profesorado e familias. Trátase de dar a coñecer aos destinatarios que existe unha nova vía de axuda en caso de difusión deste tipo de contidos en internet.
Adxuntamos un documento con respostas a Preguntas Frecuentes sobre a finalidade e o funcionamento da canle, e outro cunha infografía que detalla cómo comunicar á Axencia a difusión deste tipo de contidos para que poda tomar medidas urxentes que limiten a difusión dos mesmos.
Anexo | Tamaño |
---|---|
infografia-canal-prioritario.pdf | 325.53 KB |
FAQs Canal Prioritario.pdf | 272.66 KB |
CartelXti_AEPD.pdf | 289.14 KB |