Un dos obxectivos do Plan Dixital para este curso 2022-2023 é o de divulgar experiencias coas TIC noutros centros. Polo tanto, puxémonos en contacto co CEIP Plurilingüe Vista Alegre na localidade de Burela (a 24 km), e dito centro enviounos algunhas das que levan a cabo.
Encerado Dixital Interactivo
O alumnado de infantil construeu frases con imaxes a través da páxina web do programa Comunicarnos (Siembra estrellas) de Beatriz Haro. Hai un enlace dispoñible. Na EEI San Roque, tamén empregamos o EDI con frecuencia, e tomamos nota!
http://siembraestrellas.blogspot.com/2019/09/programa-comunicarnos-lenguaje-oral-los.html
Tableta
En Burela, como podemos observar, empréganas en formato xigante. Nós, en cambio, preferimos que sexan en formato reducido!
Croma
Abordando o proxecto do cine, neste caso. A maquillaxe e os efectos especiais foron os protagonistas, empregando, polo tanto, o croma e filtros dos teléfonos móbiles. Este recurso tamén o estamos comezando a empregar este curso 22-23 no San Roque!