Con motivo do Día da Paz, entre outras moitas actividades, estamos empregando os encerados dixitais interactivos das aulas, para coñecer os diversos símbolos da Paz, segundo UNICEF. Por exemplo: o armamento roto, a pomba, os dedos en "V", etc. A páxina que usamos para crear os xogos foi Learning Apps, a cal é gratuita, intuitiva... E encantoulle ás/ós nosas/os peques!