A vindeira semana celebraremos O Magosto, a festa tradicional arredor da castaña. Ao longo da mesma realizaremos diferentes xogos nos recunchos, no patio, obradoiros e unha manualidade que terá como protagonista ao froito do castiñeiro e que levaremos a casa. Aprenderemos cancións e teremos xogos intectivos para aprender un pouco máis da estación do outono e desta festa popular.
- CANCIÓNS:
O OUTONO(Uxía Lambona)
NO OUTONO(Iván Vale)
TRES CASTAÑAS POLO CHAN(Susa Herrera)
COMO O TROMPO(Os ourensóns)
A BUXAINA BRINCADEIRA(Cantareliñas)
- XOGOS INTERACTIVOS:
Degustaremos o xoves 17 dunha meranda compartida en cada aula que aportarán as familias... Castañas asadas, castañas, cocidas, doce de castañas, biscoito ou torta de mazá o calquera outra sobremesa caseira propia do outono. Aproveitaremos esta celebración para xogar con peóns feitos con material de refugallo baixo o lema POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO(11 de novembro).
Mirade como aprendimos xogando e gozando deste Magosto 2022...