No mes de maio, nos mes das flores, o Maio percorrerá as rúas de Viveiro... Que bonito lembrar de novo anos pasados e volver a encher as rúas de Viveiro co noso xa tradicional Maio! Os nenos/as de varios centros educativos sairán de novo á rúa, unha proposta do Concello, coa canción tradicional desta festa, na nosa localidade, e outra que imos engadindo ao noso repertorio. Para lembrar e para aprender mira os seguintes vídeos, tamén podes descargar o texto das dúas cancións...
Tamén temos unha bonita canción musicada por Nacho Hermida e cantada polos nenos/as do CEIP Julio Gurriarán, baseada nun poema de Florencio Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Aí vén o Maio, incluído no seu libro Bebedeira.
OUTROS ARQUIVOS COA CANCIÓN AÍ VÉN O MAIO:
Mirade que lucido quedou o noso Maio...
Que ben o pasamos na celebración dos Maios! Participamos nesta actividade organizada de forma conxunta polo Concello e a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro... E non podemos esquecernos do bonitas e xeitosas quedaron as nosas chapas...
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Maio, maio....pdf | 227.45 KB |
Aí vén o Maio(Florencio Delgado Gurriarán).pdf | 164.81 KB |