Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2022

 

 Para conmemorar o 17 de maio, o día das Letras Galegas, querémosvos dar a coñecer ao autor  homenaxeado este ano, Florencio Manuel Delgado Gurriarán,  escritor valdeorrés. Avogado e poeta cunha vida chea de atrancos pero tamén de amor pola lingua e cultura galega. A través destes enlaces descubrirás a vida e a o obra deste ourensán.

BIOGRAFÍA FLORENCIO DELGADO

VÍDEO BIOGRAFÍA

AS AVENTURAS DE FLORENCIO

OBRAS

ESCOLMA DE TEXTOS

 

O ROSCO DE FLORENCIO

 

Tamén podedes acceder ao SEMINARIO GALÁN onde atoparedes material de moi diferentes tipos e para os tres niveis...

4º EI

5º EI

6º EI

 Este ano a proposta que facemos desde o EDLG é facer uns primáticos que nos permitan viaxar no tempo para coñecer a vida e a obra de Florencio. Se clicas no seguinte enlace PRIMAVERA DAS LETRAS tes un modelo e ademáis podes facer outras actividades(conto, encrucillado,  sopa de letras...).

 Para conmemorar este día do mes de maio, a nosa lingua, as nosas tradicións, a nosa cultura...  deixámosvos tamén unha preciosa canción,  Pousa, de Uxía Lambona e a Banda Molona, onde nos aproxima ao noso folclore, ao noso baile tradicional, como fixo Florencio nas súas obras, nos seus poemas...

 Desde o noso Concello xurde, ademáis, unha bonita proposta para o Día das Letras a de engadir unha prenda ou complemento do noso traxe tradicional á nosa vestimenta habitual ou algún instrumento tradicional galego.

 Para que coñezades algo máis sobre o noso traxe e os nosos instrumentos premede no seguinte enlace:

O TRAXE TRADICIONAL

INSTRUMENTOS

E así foi como na semana do 9 ao 13 de maio nos achegamos á vida e á obra de Florencio Delgado e como nos adentramos no mundo do traxe e dos instrumentos tradicionais da nosa terra...

 LETRAS GALEGAS 2022(EEI San Roque)

 

 



page | by Dr. Radut