CHARLA NA EEI SAN ROQUE
Dentro da nosa Escola de nais e pais convidamos as familias con alumnado de novo ingreso (nacidos no ano 2019) a unha charla que correrá a cargo de Alba Guijarro Infante.
Título:“Inicio dunha nova etapa: resposta ás preguntas máis frecuentes (control de esfínteres, rutinas, ...)”
Lugar:colexio San Roque
Día: xoves, 17 de marzo
Hora: 17:00
Prazas limitadas. Reserva cita, chamando ao teléfono 982 870 957 en horario de 9:00 a 14:00