EEI SAN ROQUE, BIBLIOTECA ESCOLAR - CURSO 2021/2022
PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS
Programa para a formación e a participación das familias en experiencias de lectura coa finalidade de que poidan intervir con mellores recursos e eficacia na formación dos seus fillos e fillas como persoas lectoras e cidadás usuaras de información.
Obradoiros guiados por persoeiros de renome no ámbito do libro e a animación a lectura nos que podedes participar seguindo os vosos interese, sempre previa inscrición na ficha que remitimos. Todos eles teñen limitación de prazas polo que están pensados para un só membro por familia, exceptuando os que a actividade inclúe nenas e nenos (que permite reservar doas prazas por familia, un adulto cunha nena ou cun neno). Realizaranse na biblioteca do centro seguindo todas as recomendacións sanitarias previstas en cada momento.
As prazas adxudicaranse por rigoroso orde de entrega na secretaría do centro de 9:30 a 10 da mañá ou de 14:00 a 14:20, ata o día 22 de marzo. Quedando en reserva, cando as peticións excedan o número de prazas.
1º.OBRADOIRO, mércores 23 de marzo ás 17:00 cunha duración aproximada de 75 minutos.
“O COLO DAS PALABRAS” impartido polo mestre e poeta Antón Cortizas sobre a importancia de contar, das nanas e da poesía na formación inicial dos noso pequenos.
2º.OBRADOIRO, mércores 27 de abril ás 17:00 cunha duración aproximada de 60 minutos.
“DÁMOISLLE VOLTA AO CONTO” impartido pola actriz e contadora de contos Raquel Queizás. Obradoiro dinámico dirixido a aquelas persoas interesadas no arte de contar historias.
3º.OBRADOIRO, mércores 4 de maio ás 17:00 cunha duración aproximada de 75 minutos.
“ABRAZAR COAS PALABRAS” impartido pola escritora, actriz e contadora de contos Charo Pita nun achegamento a literatura infantil, con xogos e cancións con libros. Inclúe a participación de nenas e de nenos.
4º.OBRADOIRO, mércores 08 de xuño ás 17:00 cunha duración de 60 minutos.
“FERRAMENTAS PARA CONTAR HISTORIAS “ impartido pola escritora, actriz e contadora Paula Carballeira que nos ofrecerá consellos para desfrutar do momento de compartir un conte entre diferentes xeracións, tendo en conta que a narración oral axuda a enfrontar os problemas que atoparemos no camiño diario.