Un ano máis uniremos as conmemoraciós do Día da lingua materna(21 de febreiro) e o Día de Rosalía(23 de febreiro). Promovendo o plurilingüismo e a diversidade cultural e coñecendo a vida e obra da nosa galega universal, Rosalía de Castro... O galego como lingua materna nosa e de Rosalía.
Se queredes coñecela mellor facede clic:
QUE SABES DE ROSALÍA DE CASTRO?
UNIDADE DIDÁCTICA EI: DÍA DE ROSALÍA
Traballaremos sobre os versos do poema Parece unha rosa. Lembrade que tedes o texto deste poema nos documentos adxuntos. E animádevos a facer a vosa rosa con diferentes técnicas plásticas.
Escoita tamén o rap Sempre Rosalía, do músico e mestre Iván Vale para esta conmemoración.
Que bonitas quedaron as nosas rosas e o poema de Rosalía Parece unha rosa recitado por tódolos nenos e nenas do cole. Mirade, mirade...
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PARECE UNHA ROSA(maiúscula).pdf | 89.28 KB |
PARECE UNHA ROSA(minúscula).pdf | 91.99 KB |
DÍPTICO ROSALÍA.pdf | 324.24 KB |