Dende hai xa bastantes anos a EEI SAN ROQUE sumouse a celebración do DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA, iniciativa proposta polo CEIP de CERVO aló polo ano 2012, na data do día 1 de xuño como recordatorio do nacemento de Luís Seone, xenio das ARTES e das LETRAS.
O longo de varios cursos fixemos actividades moi diversas, nos primeiros anos recibimos a DAVID CATÁ artista veciño, logo fixemos obras artísticas tanto individuais como colectivas, para acabar traballando a arte galega en colaboración coa asociación "Tá en Artes", formada por artistas mariñáns. Desta colaboración naceron obras que formaron, xunto con outros moitos centros da Mariña,parte da exposición anual, que vense realizando no CENIMA de Foz con moito éxito entre as familias que a visitábades.
Este curso quedamos na casa, pero tamén dende a casa queremos recordar a importancia da arte galega no mundo en que vivimos, e que as vosas fillas e fillos son artistas en potencia polo que debemos seguir cultivando a súa creatividade.
Con este obxectivo propoñemos unha actividade moi lúdica e divertida. Mirade a presentación con moita atención e os nenos e nenas o maxín a traballar. Ata o luns 15 de xuño esperamos recibir as obras dos vosos pequenos e pequenas superartistas.
Recordade que esta semana tamén celebramos os DÍAS DO MEDIO AMBIENTE E DOS OCÉANOS, no blog de VOZ NATURA tedes unha proposta moi interesante para entregar o venres día 5, é un xeito de aprender facendo para axudar a que o planeta Terra siga vivo.