A orientación espacial e a lateralidade son dous conceptos moi relacionados que inflúen en aspectos tan variados como a percepción do mundo, do noso corpo e do dos demais, ou o caso da lectoescritura, entre outros.
Por iso, é moi importante traballar estes aspectos para que o neno poda percibir o mundo que o rodea, que sexa consciente do seu propio corpor e do dos demais... Cando estes aspectos están traballados o neno e a nena están preparados para iniciarse na lectoescritura.
A continuación, preséntovos algunhas actividades que vos servirán para traballar estes aspectos e polo tanto, preparar as funcións que fan posible que desenvolva a lectoescritura nos nenos e nenas.
- Construír unha carreira de obstáculos con mobles e materiais doutros xogos. Planificar de que maneira se moverá na carreira de obstáculos, utilizando termos espaciais como: enriba, abaixo, arredor, etc. Animar ao neno/a a que explique os seus movementos ao longo do percorrido. Isto axudaranos tamén a traballar o equilibrio
- Animar ao neno/a a deseñar a súa propia carreira de obstáculos
- Atrapar un obxecto lanzado e lanzalo de volta
- Xogar ao "3 en raia" ou ao "Conecta 4"
- Utilizar papel cuadriculado para debuxar liñas dun punto a outro, reducindo gradualmente o tamaño. Tamén o podedes utilizar para que copien debuxos, como estes que vos mostro a continuación:
- Outra forma podería ser, pintar as cuadrículas dado un modelo
- Xogos para unir puntos, números ou letras
- Localizar obxectos escondidos
- Recoñecer diferentes formas e siluetas
- Labirintos
Se necesitades algunha actividade máis para traballar estes aspectos non dubidedes en solicitalas a través do correo electrónico: olallacampos@edu.xunta.es, e enviaránsevos na maior brevidade posible.
Unha morea de apertas