Sabemos que ante a situación que estamos a vivir, ás veces, é un pouco complicado conseguir que os nenos e nenas se concentren nas actividades. Ante todo dicirvos que é o máis normal, nesta situación. O importante ante estas circunstancias é que os nenos e nenas realicen actividades que lles gusten e sobre todo, que xoguen moito.
Por iso, desde a aula de Pedagoxía Terapéutica, recomendámosvos unha serie de xogos e actividades que vos axudarán a traballar a atención, memoria e concentración.
Os xogos que se poden utilizar para estimular a atención e a memoria nos nenos e nenas, son realmente variados; pero dentro da súa ampla oferta, os seguintes son, sen dubidalo, algúns dos máis efectivos:
- Os xogos de naipes, como os daas parellas (tamén nos axudan a estimular a asociación visual)
- Xogar ao dominó (axuda tamén a desenvolver a discriminación, agudeza e asociación visual): pode ser de cores, dominó tradicional ou de obxectos ou animais.
- Lotería: terán un cartón con imaxes, as cales sairán aleatoriamente dunha bolsa. O que primeiro encha a táboa gaña (isto esixe que os nenos e nenas estean moi atentos ás imaxes que saen)
- Quebracabezas:
- Memory:
- Busca do tesouro: escodede pola casa determinados obxectos, que lle presentedes con antelación, para que os busque (poden ser pezas dun quebracabezas para que monte despois; pezas de construción e un debuxo que teñan que montar despois con esas pezas...)
- Asociación visual: encontrar a parella (esixe constancia e concentración)
- Atopar diferenzas entre imaxes
- Identifica ao intruso: nun conxunto de imaxes terá que identificar o que non se relaciona
- Labirintos:
- Mandalas:
Se necesitades algunha actividade máis para traballar estes aspectos de atención e memoria non dubidedes en solicitalas a través do correo electrónico: familiassanroque@gmail.com, e enviaránsevos na maior brevidade posible.
Unha morea de apertas