Ola a todas e todos!!!!
Gustaríame mandar todo o meu apoio, ánimo e forza para sobrelevar a situación na que nos atopamos. Entre todos, unidos, conseguiremos saír adiante, e na maior brevidade atoparnos no cole e abrazarnos moi forte.
Mentres tanto, e sabendo que as horas se fan eternas, gustaríame propoñervos unha serie de actividades e recursos para facer máis levadía esta situación.
O máis importante é que todo pareza un xogo, actividades que nos gusten e que produzan en nós unha ledicia especial; por iso, deixádeos manipular, mancharse, brincar,...
De aí, esta serie de actividades que o que pretenden é espertar todos os nosos sentidos (a verdadeira esencia da aprendizaxe de todos), e que axudan a traballar todo o resto dos procesos que se producen para a aprendizaxe (podedes consultar algunhas fotos das actividades nos arquivos adxuntos).
Para traballar o sentido da vista:
- Lámpadas de lava
- Botellas da calma
Para potenciar o sentido do oído:
- Bailar e cantar
- Xogar con instrumentos musicais
- Facer instrumentos musicais con material de refugallo
Para potenciar o sentido do olfacto:
- Elaborar saquiños aromáticos
- Discriminar diferentes olores dentro de botes
Para estimular o sentido do gusto:
- Degustación de difentes líquidos (leite, auga, zume...)
- Degustación de diferentes sabores (amargo, doce, salgado, ácedo)
Para traballar o sentido do tacto (recordade que o tacto témolo por todo o corpo):
- Manipular materiais de diferentes texturas
- Facer collage con diferentes materiais
E a pesar de que tod@s pensamos que só temos 5 sentidos, en realidade, temos outro moi importante, e que se encarga do noso equilibrio, o sentido vestibular:
- Equilibrios sobre diferentes materiais: pelotas de ioga, coxíns de diferentes tamaños...
- Actividades de ioga (para nenos). Podedes atopar moitos enlaces coma este en internet: https://www.youtube.com/watch?v=3bjggxDiXyk
Ata mañá
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SENTIDO DA VISTA.JPG | 70.01 KB |
SENTIDO DO OLFACTO.JPG | 66.56 KB |
SENTIDO DO TACTO.JPG | 73.85 KB |